Segundo as últimas noticias do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, o resultado da recadación para a casilla de “Actividades de Interese Xeral considerados de Interese Social” das rendas xeradas en 2014, e presentadas en 2015, ascende a 297.591.000€, cifra que se viu incrementada en máis de 12 millóns respecto ao ano anterior. Este dato de recadación histórico foi posible grazas ás persoas que marcaron a casilla “X Solidaria” e manifestaron o seu compromiso cos máis de 6 millóns de persoas que actualmente están en risco de exclusión social no noso país e que necesitan das actuacións das ONG para saír adiante. Marcar a casilla solidaria é un pequeno xesto pero unha gran oportunidade para mellorar a vida destas persoas. En concreto, grazas á solidariedade das persoas contribuíntes, 469 entidades de acción social atenderon unha serie de realidades concretas como residencias e centros de día; axuda a domicilio para persoas con discapacidade física; apoio ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias; a persoas sen fogar; transporte en vehículos adaptados; atención a mulleres en dificultade social; erradicación da violencia de xénero e integración laboral da muller; centros de atención integral para as mulleres diagnosticadas de cancro de mama; de atención psicosocial a nenos diagnosticados de cancro; atención á poboación rural desfavorecida e programas de voluntariado, entre outros moitos. Aínda queda camiño por percorrer Co obxectivo de aumentar o número de persoas que marquen a casilla de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Acción Social” na súa declaración da Renda defínense dúas liñas de actuación para a próxima campaña: por unha banda, tratar que as persoas contribuíntes que non marcan ningunha casilla marquen a casilla solidaria, xa que aínda hai 9 millóns de persoas que non o fan; e por outro, informar as persoas que marcan a casilla da Igrexa católica de que tamén poden marcar a da “X Solidaria” e axudar o dobre, pois ambas achegas se suman.
