Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

A Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado entrega as certificacións oficiais aos voluntarios xuvenís do proxecto de apoio á vida independente de Down Vigo

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado entrega as certificacións oficiais aos voluntarios xuvenís do proxecto de apoio á vida independente de Down Vigo

19 Febreiro, 2016

» A Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado entrega as certificacións oficiais aos voluntarios xuvenís do proxecto de apoio á vida independente de Down Vigo

A Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, entregou onte a oito mozos e mozas de entre 18 e 30 anos a certificación oficial do proxecto de voluntariado xuvenil de apoio á vida independente realizado en Down Vigo. Trátase dun programa que facilitou aos asociados da entidade o proceso de aprendizaxe de habilidades para poder emanciparse. Galicia é a única comunidade autónoma que, seguindo o modelo europeo, certifica a experiencia voluntaria, unha das grandes novidades e vantaxes que se recolle na Lei de Acción Voluntaria de Galicia, o marco lexislativo para o voluntariado que aprobou por unanimidade a Parlamento de Galicia en novembro de 2011. A Consellería de Política Social achegou 4.800 euros para este proxecto a través do Servizo de Voluntariado Xuvenil. Un programa que, segundo Cecilia Vázquez, “é pioneiro en toda España onde se conxungan os beneficios da acción voluntaria, como a solidariedade, a sensibilización cos máis vulnerables ou o compromiso coa sociedade, coa importancia que para os propios mozos e mozas ten participar nesta experiencia de educación non formal”. En 2015 o Servizo de Voluntariado Xuvenil incorporou en toda Galicia a 830 mozos e mozas como voluntarios en 128 proxectos de entidades de acción voluntaria e concellos, cun investimento global de 500.000 euros. Na cidade de Vigo, o Voluntariado Xuvenil desenvolveu un total de sete proxectos nos que participaron 50 voluntarios. No que se refire ao total da provincia de Pontevedra, os proxectos executados foron 22 e os voluntarios xuvenís, 148. As actividades prioritarias do Servizo de Voluntariado Xuvenil foron as de recuperación da cultura, arte e tradicións populares; as actividades con colectivos en situación de risco, colectivos xuvenís ou relacionadas coa igualdade de xénero; os programas de voluntariado no ámbito familiar e os de colaboración nos trazados xacobeos.

Entradas relacionadas

O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
Un mozo de Down Vigo comeza a traballar en Rodavigo como operario de almacén
26 Abril, 2022
Down Vigo e Zona Franca renovan o seu compromiso coa inclusión laboral a través dunha nova contratación
11 Abril, 2022
«Explicáronme que tiña síndrome de Down e entendín todo o que podía facer»
31 Marzo, 2022
Unha moza de Down Vigo comeza a traballar no sector da moda da man de Scalpers
10 Marzo, 2022
Anxo, usuario de Down Vigo, novo operario de produción de Nueva Pescanova
21 Decembro, 2021

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}