Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Martiño Noriega comprométese a incluír cláusulas sociais nos contratos do Concello de Santiago

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Martiño Noriega comprométese a incluír cláusulas sociais nos contratos do Concello de Santiago

2 Marzo, 2016

» Martiño Noriega comprométese a incluír cláusulas sociais nos contratos do Concello de Santiago

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, departiu esta mañá con algúns dos mozos que acoden habitualmente a Down Compostela durante a visita a institución que realizou á sede da Fundación, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández. O alcalde coñeceu de primeira man as necesidades da Fundación e as inquietudes das persoas con trisomía 21 e discapacidade intelectual. O presidente de Down Compostela, Juan Martínez, e o secretario, Jaime López, trasladaron a Martiño Noriega a situación da Fundación, que atende a máis de 110 persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual, e ás súas familias, que residen nuns 40 municipios da área de influencia de Santiago. Juan Martínez insistiu na necesidade de que desde o Concello de Santiago se aposte decididamente pola incorporación ao emprego público de persoas con discapacidade intelectual, coa reserva específica de prazas nas oposicións, como están a facer outras administracións. Ademais, volveron expor ao alcalde a posibilidade da cesión de uso da parcela que rodea a sede da Fundación para ampliar as actividades de xardinería. Martiño Noriega comprometeuse a dar traslado a cada un dos departamentos competentes das demandas de Down Compostela. En relación ao uso da parcela, o alcalde entende que se trata “dunha cuestión de vontade política e de ver a viabilidade técnica”. Na súa primeira visita institucional como alcalde de Santiago á Fundación, Noriega avanzou que o goberno municipal está a ultimar a inclusión de cláusulas sociais nos pregos administrativos. Asegurou que “é realmente importante incluír este tipo de cláusulas en toda licitación que se faga, por iso levamos meses a traballar para que se poidan incorporar nos procedementos de contratación públicos”. Martiño Noriega finalizou a súa visita a Down Compostela asinando no libro de honra da Fundación.

Entradas relacionadas

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
O Xacobeo ilumina monumentos de Galicia co emblema das entidades Down para apoiar o Día Mundial da Síndrome de Down
18 Marzo, 2022
A Fundación Down Compostela e a Federación Down Galicia organizan un acto conmemorativo polo Día Mundial da síndrome de Down
15 Marzo, 2022
Down Compostela estrea a exposición “Iguais.gal” con motivo do Día da Muller
12 Marzo, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}