Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

A Xunta de Galicia e Down Galicia asinan un acordo para facilitar a entrada de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na Administración Pública

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A Xunta de Galicia e Down Galicia asinan un acordo para facilitar a entrada de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na Administración Pública

7 Marzo, 2016

» A Xunta de Galicia e Down Galicia asinan un acordo para facilitar a entrada de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na Administración Pública

A Xunta de Galicia convocou hoxe as primeiras oposicións para persoas con discapacidade intelectual, tal como aparece publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG). Ademais, o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, asinou hoxe un acordo con representantes de Down Galicia e da Federación galega de asociacións a favor das persoas con discapacidade Intelectual ou do desenvolvemento (Fademga) para facilitar a entrada deste colectivo na Xunta. O DOG recolle hoxe a convocatoria de oposicións para a cobertura de 6 prazas de persoal subalterno, e será a primeira dirixida ao colectivo da discapacidade intelectual que realiza a Xunta de Galicia en toda a súa historia. Ademais, estas seis prazas únense ás 33 prazas que se inclúen na Oferta de Emprego Público para este ano 2016, publicada tamén hoxe no DOG. Destas 33 prazas, 17 son para celadores do Sergas, 12 para funcionarios subalternos e 4 para o corpo auxiliar (grupo C2). Na convocatoria publicada hoxe, a puntuación dos aspirantes que aproben o primeiro exercicio pero non superen o proceso selectivo terá a consideración de mérito nas futuras listas de emprego temporal para persoas con discapacidade intelectual que vai impulsar a Xunta de Galicia. De feito, a Administración galega será pioneira en poñer en marcha unha lista de contratación temporal dirixida especificamente a este colectivo. Formación específica para adaptarse ao posto Tal como recolle o convenio asinado hoxe, a Administración galega realizará actuacións que faciliten a adaptación ao entorno laboral das persoas con discapacidade. A colaboración engloba tanto accións de formación e orientación sociolaboral previas ao ingreso ou no ano de inicio da prestación de servizos na Administración galega, como accións de apoio ao desenvolvemento nos posto de traballo ao longo da súa carreira profesional. Entre as actuacións máis relevantes que se levarán a cabo están a realización de cursos de formación específicos previos ao ingreso na Administración da Comunidade Autónoma, que serán impartidos por persoal da Xunta co apoio do persoal das dúas asociacións. Prestarase tamén apoio no proceso de inserción e adaptación efectiva ao posto de traballo e ao entorno laboral dos traballadores con discapacidade intelectual. Ademais, levarase a cabo un seguimento do desempeño da actividade laboral que incluirá formación continua en competencias instrumentais, transversais e laborais para este colectivo. Finalmente, o acordo inclúe a realización de talleres prácticos de intercambios de experiencias dirixidos ao persoal que realiza funcións de referencia no entorno de traballo das persoas con discapacidade. As asociacións Down Galicia e Fademga teñen como finalidade coordinar, apoiar e impulsar a mellora da calidade de vida das persoas con síndrome de down e discapacidade intelectual e das súas familias a través de plena inclusión social e da utilización dos recursos da Comunidade. Ademais, traballan en promover proxectos de integración escolar, laboral e social; promover a autonomía persoal das persoas con discapacidade; e favorecer a súa inclusión social e todas as etapas da vida.

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
O CEESG súmase a Down Galicia na procura dun envellecemento activo e saudable para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
25 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
Down Galicia desenvolve 17 proxectos neste 2022 grazas ás persoas que marcaron o X solidario
7 Abril, 2022
Down Galicia e ACDgal alíanse para promover o envellecemento activo e saudable das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
5 Abril, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}