Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Manifesto das entidades do CERMI no Día Internacional da Muller

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Manifesto das entidades do CERMI no Día Internacional da Muller

8 Marzo, 2016

» Manifesto das entidades do CERMI no Día Internacional da Muller

Lembrando neste Día os principios universais de igualdade e non discriminación de todas as mulleres e nenas sen excepción e sendo conscientes de que para o cumprimento destes principios é necesario que estean empoderadas, o que implica participar nos procesos de toma de decisións e acceso ao poder, así como a súa toma de conciencia do poder que individual e colectivamente ostentan, recuperando a súa propia dignidade;

Considerando que a Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller, nacida co mandato de preparar recomendacións sobre a promoción dos dereitos das mulleres nos ámbitos político, económico, civil, social e educativo, e encargada de supervisar, examinar e avaliar os progresos e as dificultades na aplicación da Declaración e a Plataforma de Acción de Beijing de 1995, celebra este ano o Sesaxésimo período de sesións no que se debaterá como tema prioritario: “O empoderamento da muller e o seu vínculo co desenvolvemento sustentable”;

Tendo en conta que os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable expoñen como o seu Obxectivo 5 lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e as nenas, expondo entre os seus retos velar pola súa participación plena e efectiva, a súa igualdade de oportunidades de liderado a todos os niveis da adopción de decisións, así como o seu acceso aos recursos económicos, a propiedade e os servizos financeiros;

Celebrando o primeiro aniversario da Fundación CERMI Mulleres, que nace coa misión de representar e defender os dereitos humanos das mulleres e nenas con discapacidade, tendo tamén presente ás nais e coidadoras de persoas con discapacidade, buscando garantir a súa inclusión en todos os ámbitos da vida, así como mellorar as súas condicións de vida e cidadanía;

Considerando a importancia dos fondos derivados do 0,7% do IRPF destinado a fins sociais cos que se benefician directamente seis millóns de persoas, moitas delas mulleres, a través de proxectos sociais;

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) e a Fundación CERMI Mulleres, como interlocutores de referencia para defender os dereitos das mulleres, nenas e nais de persoas con discapacidade, lembran que:

A Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade no seu artigo 6 recoñece que “as mulleres e nenas con discapacidade están suxeitas a múltiples formas de discriminación e, a ese respecto, débense adoptar medidas para asegurar que poidan gozar plenamente e en igualdade de condicións de todos os dereitos humanos e liberdades fundamentais”.  Así mesmo, a Convención de Nacións Unidas sobre a Eliminación de todas as Formas de Discriminación contra a Muller a través do seu artigo 3 afirma que “débense tomar en todas as esferas, e en particular nas esferas política, social, económica e cultural, todas as medidas apropiadas, mesmo de carácter lexislativo, para asegurar o pleno desenvolvemento e adianto da muller, co obxecto de garantirlle o exercicio e o goce dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais en igualdade de condicións co home”;

As mulleres con discapacidade, -unha poboación que ascende ao 16% da poboación feminina en xeral e ao 60% da poboación de persoas con discapacidade-, atópanse nunha situación de profunda invisibilidade e incomprensión na vida pública e non se recoñecen verdadeiramente as súas necesidades e intereses nin nos poderes públicos, nin nos movementos de mulleres, nin tampouco nos das persoas con discapacidade, en cuxas organizacións aproximadamente só o 30% dos postos representativos nos órganos de goberno son ocupados por mulleres;

O movemento de mulleres con discapacidade é aínda incipiente, polo que apenas existen asociacións específicas de mulleres con discapacidade desde as que poder exercer o seu dereito á liberdade de opinión e de expresión sobre os asuntos que lles incumben directamente, tanto a nivel nacional como europeo e internacional, circunstancia agravada polo feito de que tampouco os movementos feministas brindan espazos para a súa participación, ao non recoñecelas como partes dos mesmos;

O modelo actual de xestión dos fondos derivados do 0,7% do IRPF destinado a fins sociais é unha ferramenta de carácter transversal, de homoxeneización e de solidariedade interterritorial imprescindible que beneficia a persoas en situación de necesidade, como son as mulleres e nenas con discapacidade;

Por todo iso, no Día Internacional da Muller, o CERMI e a Fundación CERMI Mulleres urxen a que:

  1. Se destinen recursos para o empoderamento das nenas e mulleres con discapacidade para incrementar o seu auto-confianza, así como a súa poder e autoridade de maneira que poidan decidir en todos os aspectos que afectan á súa vida.
  1. As organizacións de persoas con discapacidade se comprometan a adoptar como directriz política importante a representación paritaria de mulleres e homes na toma de decisións nas súas estruturas orgánicas, incluída a designación de candidatos e candidatas aos distintos postos directivos e representativos da organización, así como a fomentar a creación de comités, redes ou grupos independentes de mulleres con discapacidade.
  1. Leve a cabo un pacto co movemento de mulleres, fomentando a colaboración e traballando conxuntamente en materias de interese común.
  1. As organizacións e organismos da muller gobernamentais e non gobernamentais incorporen ás mulleres con discapacidade e os asuntos relacionados con estas no movemento xeral de mulleres, levando á práctica plans de acción conxunta.
  1. Se inicien e apoien economicamente programas especiais para promover a sororidade entre as mulleres con discapacidade, nos que mulleres pertencentes ao movemento das persoas con discapacidade se apoien mutuamente ao longo das distintas etapas de desenvolvemento e empoderamento persoais.
  2. Se ofreza un modelo de financiamento estatal coas máximas garantías xurídicas e de sostenibilidade ao Terceiro Sector como as que ofrece o actual modelo de adxudicación de fondos da convocatoria do IRPF de interese social para financiar proxectos de atención directa en todos os seus ámbitos e no dirixido ao empoderamento das mulleres con discapacidade.

 

Entradas relacionadas

Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
Fundación Mapfre colabora co envellecemento activo das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
24 Xaneiro, 2023
Boas prácticas en accesibilidade cognitiva: as entidades de Down Galicia fan os seus espazos máis accesibles da man de Autismo Galicia
20 Xaneiro, 2023
A Consellería de Política Social e Xuventude colabora no mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal
2 Decembro, 2022
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}