Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Vegalsa-Eroski lanza a súa nova marca comercial “We, a alegría da horta”

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Vegalsa-Eroski lanza a súa nova marca comercial “We, a alegría da horta”

9 Marzo, 2016

» Vegalsa-Eroski lanza a súa nova marca comercial “We, a alegría da horta”

A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski presentou hoxe na Coruña a súa nova marca “We, a alegría da horta”, coa que comercializará verdura cultivada na comunidade para promover a capacitación e inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual. A iniciativa, que se pon en marcha nas fruterías dos 99 supermercados Eroski/Center de Galicia, conta coa colaboración da Asociación Down Coruña, a empresa Hortalizas Roberto López e a Escola Politécnica Superior de Enxeñería Agrónoma da Universidade de Santiago (USC), así como a Asociación de Terapia Hortícola Aethores. Acelgas, verzas, espinacas, grelo fino, perexil e xenos son as verduras que se comercializarán baixo esta nova marca, coa que o chef Luís Veira, Estrela Michelín, realizou este mediodía no Eroski/Center de Matogrande unha exhibición sobre a preparación de produtos galegos cun licuado de mazá con perexil, un snack de ensalada césar ou un chupito de chourizo con queixo cremoso. O cociñeiro coruñés explicou que esta é unha aposta por “produtores, produtos e sociedade diversa galega” que reflicte ademais unha “Galicia en estado puro”, neste caso cun novo modelo de horta. “Gústanos traballar na innovación e a vangarda”. As verduras da marca “We, a alegría da horta” saben “a compromiso, a ilusión e a superación persoal”, destacou Florentino Vázquez, director dos Eroski/Center de Galicia, durante a presentación desta marca, cuxos produtos contarán etiquetas propias nas que se resaltará a orixe 100% galego, pois proceden das localidades coruñesas de Laracha e Arteixo. Estas verduras proceden da primeira colleita dos alumnos que participan nesta iniciativa e que son para Gabriela González, directora de Responsabilidade Social Corporativa de Vegalsa-Eroski, un “exemplo de superación”, idea que compartiu Tomás Custa, director da escola politécnica da USC participante nesta campaña. Para Manuel Álvarez, presidente de Down Coruña, “os nosos rapaces unha vez máis demostraron que son capaces”, polo que pediu non pecharlles esta porta que se abriu coa posta en marcha dun compromiso de contratación. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, que pechou as intervencións de presentación destes produtos “cun verniz de solidariedade”, destacou que “as persoas con discapacidade intelectual son un colectivo importantísimo para a nosa sociedade por todo o que achegan á mesma” e subliñou que a Xunta aposta pola “eliminación de todo tipo de barreiras”. Axencia EFE

Entradas relacionadas

Teima e Down Coruña galardoadas cos Premios Boas Prácticas da Deputación da Coruña
10 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}