Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Día Mundial da síndrome de Down e XX aniversario de Down Lugo

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Día Mundial da síndrome de Down e XX aniversario de Down Lugo

10 Marzo, 2016

» Día Mundial da síndrome de Down e XX aniversario de Down Lugo

O Salón Regio do Círculo de las Artes de Lugo, acollerá o 20 de marzo a partir das 18:00 horas, os actos de celebración do Día Mundial da Síndrome de Down e do XX aniversario da Asociación Down Lugo.  Nesta edición entregaranse os III Premios Down Galicia, co obxecto de recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía e igualdade das persoas coa síndrome de Down, realizado tanto por institucións e entidades como por persoas particulares. Acto conmemorativo Nesta celebración do Día Mundial, as verdadeiras protagonistas serán as persoas coa síndrome de Down, que se farán cargo da presentación e desenvolvemento do acto e farán oír a súa voz a través da lectura do Manifesto pola Autonomía Persoal. Serán as encargadas, ademais, de entregar os Premios Down Galicia que, nesta terceira edición recaen en Gonzalo Corredoira, pola súa implicación co programa de Emprego con Apoio de Down Lugo, na categoría de persoa individual; e na Fundación Alcoa, pola súa colaboración con Down Lugo a través de programas de voluntariado dende hai máis de 10 anos, na categoría institucional. No acto tamén intervirán o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo Páez, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela,  a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e os presidentes de Down Lugo, Mª José Blanco Freire, e de Down Galicia, Delmiro Prieto González. Será este un evento colorido e visual, no que se intercalarán números musicais, vídeos e divertidas actuacións que farán do XX aniversario de Down Lugo e dos III Premios Down Galicia un acontecemento único. A entrada a este evento será gratuíta previa solicitude de convite (982 24 09 21) Enderezo: Salón Regio do Círculo de las Artes (Praza Maior, 23, 27001 – Lugo). COMO CHEGAR Iluminación dos principais monumentos de Galicia A Torre de Hércules, a cidade da Cultura, o concello de Ferrol ou as Murallas de Lugo son algúns dos monumentos que o vindeiro 21 de marzo se iluminarán de azul para conmemorar o Día Mundial da síndrome de Down. Nacións Unidas aprobou en novembro de 2011 a declaración do 21 de marzo como Día Mundial da síndrome de Down. Establécese esta data, o 21 de marzo [21/03] como un símbolo, en referencia á triplicación [trisomía] do cromosoma 21 que se traduce na condición xenética da síndrome de Down.  

Entradas relacionadas

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023
Down Galicia recibe unha axuda extraordinaria para afrontar o impacto económico do incremento do gasto de persoal nas súas entidades polo convenio colectivo de aplicación
13 Febreiro, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}