Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia participará no IV Congreso Iberoamericano sobre síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia participará no IV Congreso Iberoamericano sobre síndrome de Down

11 Marzo, 2016

» Down Galicia participará no IV Congreso Iberoamericano sobre síndrome de Down

O IV Congreso Iberoamericano sobre síndrome de Down, organizado por FIADOWN, DOWN ESPAÑA e o INICO da Universidade de Salamanca, contará con algúns dos maiores especialistas nesta discapacidade procedentes de España, Estados Unidos, México ou Arxentina, entre outros países. Esta cuarta edición, que se celebrará en Salamanca do 16 ó 18 de marzo de 2016, ten por obxectivo aportar unha idea actualizada da situación e necesidades das persoas coa síndrome de Down e proporcionar referencias de investigación capaces de orientar os apoios ás persoas con esta discapacidade, as súas familias e institucións relacionadas. Down Galicia participará neste congreso cunha comunicación que leva por título “O camiño de Down Galicia”, na que se abordará o traxecto percorrido pola Federación e a Universidade de Vic durante o proceso de formación e asesoramento ó profesorado da área de influencia das súas entidades membro e ós propios técnicos das entidades Down en metodoloxías de aprendizaxe cooperativa. Pola súa banda, algunhas das entidades membro de Down Galicia tamén participarán neste congreso a través de distintas mesas de comunicación e mesas redondas tratando temas como a inclusión educativa, a calidade de vida das persoas coa síndrome de Down, o emprego e os retos familiares ou o cambio na percepción social desta discapacidade. Ademais das comunicacións de Down Galicia e as súas entidades membro, durante estas tres xornadas poderase asistir a relatorios tan interesantes como o do fundador da Down Syndrome Clinic e director do Down Syndrome Center, George T. Capone, a conferencia de Marc J. Tassé, director do Centro Nisonger e profesor do Departamento de psicoloxía e psiquiatría da Universidade de Ohio ou a do Doutor Honoris causa pola Universidade de Salamanca e Profesor Emérito da Universidade de Nebraska, Robert L. Schalock. Este congreso, de carácter internacional, congregará a persoas coa síndrome de Down, profesionais, xerentes, responsables de programas de entidades e institucións de apoio ás persoas con esta discapacidade e ás súas familias en Iberoamérica, familiares de persoas con síndrome de Down e estudantes e persoas interesadas na investigación, innovación e mellora da atención ó colectivo. Aberto prazo de inscricións aquí.

Entradas relacionadas

Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
A Deputación da Coruña volve colaborar con Down Galicia en dous proxectos na provincia
30 Marzo, 2023
Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}