Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Dúas mil seiscentas Chocolatinas Solidarias poñeranse á venda o vindeiro luns na Praza Maior de Lugo

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Dúas mil seiscentas Chocolatinas Solidarias poñeranse á venda o vindeiro luns na Praza Maior de Lugo

15 Marzo, 2016

» Dúas mil seiscentas Chocolatinas Solidarias poñeranse á venda o vindeiro luns na Praza Maior de Lugo

Down Lugo e a Asociación Provincial de Empresarios de Confeitería, Pastelería, Bollería e Repostería da provincia lucense poñerán á venda 2600 Chocolatinas Solidarias o vindeiro luns 21 de marzo, Día Mundial da síndrome de Down. O stand estará situado na Praza Maior de Lugo e todo aquel que o desexe poderá adquirir a súa chocolatina por tan só 1€. Esta iniciativa ten por obxectivo recadar fondos para Down Lugo e as súas familias usuarias, xa que a Asociación Provincial de Empresarios de Confeitería, Pastelería, Bollería e Repostería de Lugo doará integramente á entidade a cantidade recadada tras a venda das mesmas. Onte presentaban a iniciativa María José Blanco Freire, presidenta de Down Lugo, e Honorio Gómez, o seu homólogo no colectivo de pasteleiros da provincia. Blanco Freire foi a encargada de comentar a que se destinarán os cartos desta venda solidaria, da que “se beneficiarán 60 familias, pois a recadación será empregada para mellorar o noso Servizo de Promoción da Autonomía Persoal”. A través desta iniciativa “buscamos a solidariedade de todos os que desexen axudar a Down Lugo a continuar ca súa labor social, para asegurar a continuidade do seu proxecto e contribuír ao futuro das persoas que representa. Desde aquí, animámosvos a todos e a todas a colaborar con esta campaña”, apuntou tamén a presidenta. Desde Down Lugo fan fincapé na necesidade de que toda a sociedade se implique na loita contra a invisibilidade á que sempre se quixo someter ás persoas con discapacidade, e contra os estereotipos e os prexuízos dos que son obxecto. A súa presidenta aproveitou a presentación desta mañá para agradecer a todas as persoas que fixeron posible este proxecto “desde Honorio Gómez e as pastelerías que colaboraron na elaboración, ata as familias, voluntarios e traballadores de Down Lugo polo apoio nas tarefas loxísticas”. Honorio Gómez, pola súa banda,  destacou a importancia deste tipo de accións solidarias e explicou “desde o primeiro momento estivemos todos encantados de poder colaborar”. Engadiu tamén o presidente dos pasteleiro que “con esta pequena achega pódese facer moito”. Co fin de que as persoas con síndrome de Down desenvolvan todas as súas capacidades e a súa autonomía, Down Lugo encárgase de prestar apoio en atención temperá, logopedia, reforzo escolar, formación e procura activa de emprego, inserción laboral na empresa ordinaria, e en programas de vida independente e emancipación do fogar familiar. A totalidade das Chocolatinas Solidarias foron elaboradas por Pastelería Yomar, Confitería Mimos, Confitería Santos, Pastelería Martín, Confitería Mallorca, Pastelería Don León, Confitería Ramón y Confitería Madarro.   Evento: Chocolatina Solidaria Down Lugo Lugar: Soportais Praza Maior (esquina coa Rúa da Raíña) Data: Luns, 21 de marzo de 2016 (Día Mundial da síndrome de Down) Horario: A partir das 11:00 horas  

Entradas relacionadas

Persoas usuarias da asociación Down Lugo saen á rúa a reclamar os seus dereitos polo Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Lugo e o campus universitario da cidade presentan o Proxecto Troya, unha formación en competencias e habilidades empresariais
26 Outubro, 2022
Gadis renova o contrato de Iria Villamarín nunha das súas tendas de Lugo
8 Setembro, 2022
Down Lugo espreme o verán con dúas excursións á costa atlántica
29 Xullo, 2022
Down Lugo percorre unha etapa do Camiño Primitivo
1 Xullo, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}