DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Down Coruña estrena novas instalacións en Pedralonga

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Down Coruña estrena novas instalacións en Pedralonga

A nova sede de Down Coruña, situada no lugar de Pedralonga, supuxo a recuperación da antiga escola do barrio, ademais da construción dun novo inmoble. Unhas obras que contaron cun investimento superior aos 800.000 euros e que foron posibles grazas á colaboración do Concello da Coruña e a Deputación Provincial. O novo centro ocupa unha parcela de case 2000 metros cadrados, que o consistorio coruñés cedeu á entidade por un prazo de 75 anos. O acto de inauguración destas novas instalacións coincidiu coa celebración do Día Mundial da síndrome de Down. Á cita asistiron o Alcalde da Coruña, así como representantes dos distintos grupos da Corporación Municipal, o Presidente da Deputación Provincial da Coruña, o Delegado Territorial da Xunta e o Conselleiro de Política Social, entre outras autoridades. Tamén representantes de distintas entidades privadas que habitualmente colaboran con esta asociación. No seu discurso, o Presidente de Down Coruña, Manuel Álvarez, lembrou a importancia que ten este día para as máis de 80 familias que na actualidade integran esta asociación. Tamén mencionou como fai xa cinco anos se iniciou o traballo de “sumar esforzos” para implicar ás distintas administracións que hoxe fixeron posible este proxecto “novas instalacións máis amplas e mellor dotadas, desde as que tamén poderemos ofertar máis e mellores servizos”. De feito, parte deste novo espazo está reservado aos veciños do barrio de Pedralonga. “Non queremos limitarnos a compartir metros cadrados”, manifestou o Presidente de Down Coruña no seu discurso. “Estamos convencidos de que nesta nova etapa podemos e debemos compartir actividades,  entre os veciños do barrio e persoas con diversidade funcional, facendo disto non un labor de integración, senón de convivencia entre persoas diferentes”.

Entradas relacionadas
“Ter síndrome de Down non me impediu conseguir as miñas metas”
22 Decembro, 2020
Down Coruña edita o seu Calendario Solidario co desexo dun 2021 cheo de diversidade e inclusión
15 Decembro, 2020
Down Coruña gaña un dos premios de BBVA Asset Management
28 Outubro, 2020
Dúas curtametraxes de Down Coruña entre as finalistas do Diversimacine 2020
18 Setembro, 2020
O proxecto Down Café, un paso máis cerca de converterse en realidade
24 Xullo, 2020
Down Galicia e Down Coruña cancelan os actos conmemorativos do Día Mundial da síndrome de Down
12 Marzo, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
  • Down España publica a nova guía afectivo-sexual das persoas coa síndrome de Down
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade