Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia

  • Entidades

  • Áreas

  • Síndrome de Down

  • Transparencia

  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia

  • Entidades

  • Áreas

  • Síndrome de Down

  • Transparencia

  • Contacto

Down Compostela e Vodafone España presentan a segunda edición de “Yo me prep@ro”

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Compostela e Vodafone España presentan a segunda edición de “Yo me prep@ro”

31 Marzo, 2016

» Down Compostela e Vodafone España presentan a segunda edición de “Yo me prep@ro”

A Fundación Down Compostela e a Fundación Vodafone España presentaron onte no Parador Hostal dos Reis Católicos de Santiago “H@ppy Day”, unha iniciativa cuxo obxectivo é concienciar a empresarios e á sociedade sobre os beneficios da inserción laboral das persoas coa síndrome de Down. Na presentación tomaron parte representantes do tecido empresarial de Santiago de Compostela, así como usuarios de Down Compostela que conseguiron un posto de traballo a través do programa de formación prelaboral “Yo me prep@ro”. Xuntos contaron as súas experiencias, poñendo de manifesto os beneficios que achegan as persoas con discapacidade intelectual no traballo e o positivo que é para os empresarios contar con empregados coa síndrome de Down nos seus persoais. Eles, empregados e empregadores, alentaron a outros empresarios para contratar a persoas con discapacidade intelectual e a que comproben as vantaxes sociais e produtivas que se obteñen ao darlles unha oportunidade nunha empresa normalizada: melloran o clima laboral, achegan alegría e optimismo, e son metódicos e organizados nas súas tarefas. No acto interviñeron: D. Francisco Conde López, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria; Dna. Concepción Fernández Fernández, Concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do Concello de Santiago de Compostela; D. Jesús Asorey Carril, Presidente de Cámara Oficial de Industria, Comercio e Navegación de Santiago de Compostela; D. Juan Manuel Navarro, Director de Administración Pública en Galicia de Vodafone España; D. Juan Jesús Martínez López, presidente da Fundación Down Compostela, Dna. Nuria Pereira Martínez, Directora do Instituto Europeo Campus Stellae; Dna. Milagres Budiño Gasamáns, Directora do Centro de Atención Diúrna da Asociación Arela en Santiago de Compostela;  Dna. Paula Fernández Suárez e Dna. Pamela D. Casagrande Pons, traballadoras do programa de Emprego con Apoio da Fundación Down Compostela. O programa “Yo me prep@ro” O obxectivo do proxecto “Yo me prep@ro” é proporcionar ás persoas con discapacidade intelectual as ferramentas e estratexias necesarias para facilitarlles o acceso ao emprego, a través das diferentes tecnoloxías implantadas na sociedade: acceso a Internet, uso do computador, acceso a redes bancarias informatizadas, comunicación a través da telefonía móbil ou fixa, realizar consultas en organismos públicos, programación e uso da televisión e DVD, etc. Grazas ao programa “Yo me prep@ro” están a recibir formación prelaboral en Novas Tecnoloxías 16 usuarios de Down Compostela. A nivel nacional o proxecto completou a súa I edición (2014-2015) con gran éxito pois superou as expectativas tanto no número de prácticas laborais conseguidas como na cifra de contratacións laborais, alcanzando os 72 contratos de traballo. Na segunda edición do curso, que concluirá este mes de abril, reciben esta formación en Novas Tecnoloxías un total de 240 usuarios de toda España a través de 15 cursos, cun total de 10.500 horas lectivas. O programa de formación desenvolverase en dous niveis: un de iniciación e outro de profesionalización, ambos dun ano de duración. O nivel de profesionalización comprende tamén prácticas en contornas laborais cuxo obxectivo é conseguir a inserción laboral.

Entradas relacionadas

O Goberno facilita a xubilación anticipada das persoas con discapacidade superior ao 45%
25 Maio, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
A Deputación da Coruña volve colaborar con Down Galicia en dous proxectos na provincia
30 Marzo, 2023
Down Compostela entrega os seus décimos premios a Burger King, Escola Play e José María Fernández
22 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}