Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Unha mirada fotográfica sobre a vida cotiá das persoas con discapacidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Unha mirada fotográfica sobre a vida cotiá das persoas con discapacidade

8 Abril, 2016

» Unha mirada fotográfica sobre a vida cotiá das persoas con discapacidade

O Palacete de Mendoza de Pontevedra, sede de Turismo Rías Baixas, acolle ata o próximo 22 de abril a exposición As persoas con discapacidade na vida cotiá. A mostra, organizada pola Fundación Grupo Norte e o Instituto Universitario para la Integración en la Comunidad da Universidade de Salamanca coa colaboración de Down Galicia, componse de 65 fotografías que permiten coñecer e entender a realidade das persoas con discapacidade desde a perspectiva dos seus propios protagonistas, familiares, persoal de apoio e, por suposto, o fotógrafo que realiza a instantánea. O obxectivo é ofrecer imaxes positivas que permitan a reflexión, empatía e identificación co mundo da discapacidade. As instantáneas forman parte dunha selección específica realizada para a ocasión entre os mellores traballos presentados ao Concurso Internacional de Fotografía Dixital organizado desde o ano 2003 e que recibe anualmente máis dun milleiro de fotografías procedentes de todo o mundo. A exposición propón un enfoque ás realidades humanas promovendo a verdadeira integración das persoas con discapacidade desde os ámbitos da superación e normalidade. “Somos testemuñas así do proceso, certamente aínda lento pero inexorable, co que se abandona o histórico modelo asistencial de atención ás mal chamadas persoas con minusvalía, onde a discapacidade era considerada unha enfermidade invalidante, a un mundo no que cada persoa participa no curso do seu propio destino na defensa dos seus intereses, dereitos e necesidades”, explica Calixto Barba, da Fundación Grupo Norte. A accesibilidade, o deseño universal, a discriminación positiva en termos de integración laboral, son ideas forza que foron gañando peso, desbancando paradigmas afortunadamente esquecidos. Sobre a organización A Fundación Grupo Norte mantén un labor constante e a longo prazo no seu compromiso coas persoas con discapacidade, coa crenza de que na integración laboral e cultural radica o verdadeiro instrumento para cambiar a mentalidade social. A Fundación nace do compromiso empresarial de Grupo Norte, onde hoxe xa son máis de 400 as persoas con discapacidade que forman parte do persoal nas súas diferentes empresas. O INICO da Universidade de Salamanca é o único instituto oficial dunha universidade española dedicado a promover a investigación, formación especializada e asesoramento para contribuír á mellora de calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias. Desde a súa fundación en 1997, o INICO realiza todas as súas actividades en colaboración coas administracións e con entidades privadas relevantes que se dedican ao logro de fins semellantes.  

Entradas relacionadas

Fundación Mapfre colabora co envellecemento activo das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
24 Xaneiro, 2023
Boas prácticas en accesibilidade cognitiva: as entidades de Down Galicia fan os seus espazos máis accesibles da man de Autismo Galicia
20 Xaneiro, 2023
Distribuciones Froiz contrata a catro persoas da bolsa de emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
27 Decembro, 2022
A Consellería de Política Social e Xuventude colabora no mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal
2 Decembro, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}