Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Compostela apoia o recurso ante o Tribunal Constitucional para restablecer o dereito ó voto dunha moza con discapacidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Compostela apoia o recurso ante o Tribunal Constitucional para restablecer o dereito ó voto dunha moza con discapacidade

14 Abril, 2016

» Down Compostela apoia o recurso ante o Tribunal Constitucional para restablecer o dereito ó voto dunha moza con discapacidade

A Fundación Down Compostela, a Federación Down España e o CERMI Estatal manifestaron o seu apoio á familia de Mara G.C. e manifestado o seu respaldo ao recurso de amparo que anuncian ante o Tribunal Constitucional para que o Alto Tribunal repoña o dereito ao voto á moza con discapacidade intelectual. O presidente de Down Compostela, Juan Martínez, sinalou hoxe en rolda de prensa que a sentenza do Tribunal Supremo do 17 de marzo que impide a Mara poder votar “viola os artigos 23 e 14 da Constitución Española e os artigo 5, 12 e 29 da Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade”. A Fiscalía tamén se mostrou contraria á sentenza do Tribunal Supremo. Mara é unha moza, que ten actualmente 19 anos, para a que os seus pais solicitaron unha incapacitación parcial, pero “respectándolle os seus dereitos personalísimos”, entre os que se atopa a posibilidade de votar. O 2 de setembro de 2014, o xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago ditou sentenza na que, entre outros aspectos, priva a Mara do dereito ao sufraxio activo. A familia recorreu á Audiencia Provincial da Coruña, que o 11 de marzo de 2015 ratificaba esta sentenza, do mesmo xeito que fixo a Sala do Civil do Tribunal Supremo en senténciaa número 18/2016 do 17 de marzo pasado. O fallo do Tribunal Supremo produciuse en contra do criterio da Fiscalía quen solicitou, de acordo co que establece a Convención da ONU, que se facilitase a Mara os apoios necesarios e permitíseselle poder votar. “Non se ten en conta o desexo expresado” pola moza, indica a Fiscalía nas súas alegacións ao Tribunal Supremo. Tanto en primeira instancia como na Audiencia Provincial “non se tivo en conta a importancia que para as persoas con discapacidade reviste a súa autonomía e independencia individual, incluída a liberdade de tomar as súas propias decisións”, sinalaba a Fiscalía, que apoiou o recurso de casación da familia ante o Tribunal Supremo, aínda que o fallo non tivo en conta este criterio. Para o presidente de Down Compostela, Juan Martínez, o Tribunal Supremo desperdiciou a primeira ocasión na que tivo que pronunciarse sobre o dereito ao voto das persoas con discapacidade para “respectar a Constitución Española e a Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. Unhas normas de obrigado cumprimento polo Estado español, tendo en conta que a Convención da ONU publicouse no BOE en maio de 2008”. Down Compostela e Down España utilizarán nas redes sociais o hashtag #StopDiscrminación para denunciar esta situación. Esta opinión tamén é compartida polo CERMI estatal, quen solicitou á Oficina do Defensor do Pobo que presente recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional. “A Constitución Española recoñece sen limitacións nin excepcións o dereito ao sufraxio activo e pasivo de todas as cidadás e cidadáns españois no seu artigo 23”, indica Leonor Lidón, delegada do CERMI Estatal para a Convención da ONU e os Dereitos Humanos. Apoio do CERMI e da Fiscalía Lourdes González-Laganá, avogada da familia de Mara, asegurou na rolda de prensa que ademais de co apoio de Down Compostela, e co de Down España, “a fiscalía anunciou que presentará un recurso contra a sentenza do Tribunal Supremo, e esperamos que tamén nos apoien no recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional”. “Estamos a pedir para as persoas con discapacidade, os mesmos dereitos que reclamabamos as mulleres a principios do século XX. Lembremos que nós non puidemos votar en España ata 1933. E ata que se aprobou a Constitución de 1978, nin sequera podiamos abrir unha conta bancaria. Agora en pleno século XXI queremos facer algo similar coas persoas con discapacidade e isto non pode ser”, asegurou Lourdes.  

Entradas relacionadas

Down Compostela presenta en Ecuador o seu programa para a mellora das competencias dixitais
19 Xaneiro, 2023
SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
O Xacobeo ilumina monumentos de Galicia co emblema das entidades Down para apoiar o Día Mundial da Síndrome de Down
18 Marzo, 2022
A Fundación Down Compostela e a Federación Down Galicia organizan un acto conmemorativo polo Día Mundial da síndrome de Down
15 Marzo, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}