Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense e Down Ourense asinan un convenio para impulsar “Emprego con apoio”

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense e Down Ourense asinan un convenio para impulsar “Emprego con apoio”

15 Abril, 2016

» A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense e Down Ourense asinan un convenio para impulsar “Emprego con apoio”

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense asinou este venres  un convenio de colaboración coa Asociación Down Ourense co fin de promover e impulsar entre os seus asociados o programa “Emprego con apoio”, dedicado a desenvolver as habilidades sociolaborais de persoas coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual, para aumentar as súas posibilidades de inclusión no ámbito laboral. Ao peche do acordo, asinado nas instalacións da CEO, asistiron Lois Babarro, presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense, e Mara Prieto, presidenta de Down Ourense, que rubricaron o convenio nun acto no que participaron tamén José Enrique Rodríguez Jorge, xerente de Rodríguez López Auto, María Dores Cuquejo Alonso, directora de Recursos Humanos de Pérez Rumbao, e Alejandro Neto García, traballador de Aceites Abril. A asociación ourensá, que leva máis dunha década desenvolvendo o programa “Emprego con apoio”, obtén así un novo apoio estratéxico para difundir as súas actividades entre os empresarios da provincia. Ademais AJE comprométese a divulgar entre os seus asociados as diferentes campañas da organización sen ánimo de lucro, tanto do ámbito laboral como doutros que desenvolva no futuro. Coa firma deste acordo, que se prolonga por un ano, estas dúas entidades dan un paso máis cara á inclusión laboral, para que Down Ourense siga desenvolvendo accións de motivación e formación ocupacional dos seus usuarios, alcanzando unha plena incorporación e normalización no mercado de traballo e na sociedade. Desde AJE Ourense, o seu presidente Lois Babarro, manifestou que esta entidade quere “recoñecer e aplaudir publicamente o labor que leva a cabo Down Ourense e implicarse con eles, usando o lema de AJE deste ano que é “Implícate”, e colaborar con eles na difusión do programa para que máis empresarios se conciencien a favor da integración laboral das persoas con discapacidade intelectual”. O programa de emprego de Down Ourense pechou 20 contratos ao longo de 2015, asinados entre as 35 empresas visitadas durante o devandito exercicio. Deles, 12 son contratos temporais, un indefinido e sete de prácticas laborais. A asociación destaca o crecemento e a aposta de “Emprego con apoio” por parte das empresas da provincia nos últimos anos. Durante o primeiro trimestre de 2016 pechouse un novo convenio de colaboración coa empresa ourensá de telefonía móbil Primux, cun contrato temporal dun ano de duración. Ademais, asináronse tres renovacións de contratos existentes, un indefinido coa empresa Rodríguez López Auto e dúas prórrogas na enerxética Repsol. O testemuño dos protagonistas A firma do convenio deu paso a que protagonistas na cadea de contratación deste colectivo expresasen as súas vivencias. Alejandro Neto contou en primeira persoa as súas impresións como traballador, nestes momentos en Aceites Abril como axudante de produción e cunha traxectoria xa noutros sectores e empresas Sprinter, o Pavillón Universitario do Campus de Ourense, Seritec ou Inplasor. Na súa intervención destacou o apoio que sempre tivo por parte das preparadoras laborais da asociación, que lles facilitan as tarefas e axudan a superar os obstáculos. Alejandro terminou animando “aos empresarios para probar “Emprego con apoio” e descubrir por vós mesmos que podemos e que unha persoa aínda que teña discapacidade intelectual, con apoios podemos traballar como calquera outra persoa”. Previamente, a visión desde a empresa ofrecérona dúas firmas ourensás comprometidas con esta inserción laboral, Pérez Rumbao, da que a súa directora de Recursos Humanos, Dolores Cuquejo, destacou que comezaron recentemente a colaboración con Down Ourense incorporando un traballador na estación de servizo de Mariñamansa. Cuquejo quixo trasladar, desde a visión dun grupo empresarial familiar, a importancia de preservar a parte máis humana para conectar coa sociedade, e unha boa forma diso, é a través da inserción para o desenvolvemento deste colectivo e animou a darlles oportunidades, pois sen elas resulta sempre máis difícil. José Enrique Rodríguez Jorge, xerente de Rodríguez López Auto, quixo enxalzar as xa varias experiencias que tiveron na empresa de carrozado de ambulancias que dirixe. Segundo Rodríguez Jorge, a inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual foi no seu caso sempre moi positiva e unha vivencia que recomenda encarecidamente a todos os niveis, pois son persoas que transmiten dunha maneira especial e moi significativa todas as súas emocións e os seus avances.  

Entradas relacionadas

Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Teima e a Deputación da Coruña asinan un convenio de colaboración para apoiar economicamente o Servizo de Formación Sociolaboral e Emprego da entidade
30 Agosto, 2023
Magníficos resultados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de Competencias Clave
26 Xullo, 2023
Mozos e mozas de Down Ourense traballan como azafatos e azafatas no evento polo 50 aniversario de Galfor
28 Xuño, 2023
Down Vigo e Vithas colaboran para fomentar a inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual
21 Xuño, 2023
Mozos e mozas de Down Lugo e Down Ourense comparten unha xornada de ocio na capital lucense
12 Xuño, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}