Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Down Vigo, Serunión e Foanpas asinan un acordo para fomentar a inclusión laboral de persoas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Vigo, Serunión e Foanpas asinan un acordo para fomentar a inclusión laboral de persoas coa síndrome de Down

20 Abril, 2016

» Down Vigo, Serunión e Foanpas asinan un acordo para fomentar a inclusión laboral de persoas coa síndrome de Down

Down Vigo, Serunión e a Federación olívica de pais e nais de alumnos (Foanpas) presentaron o pasado luns un convenio de colaboración a tres bandas que permitirá a varios mozos e mozas da Asociación realizar prácticas en comedores escolares da cidade. Mediante este acordo, a empresa de restauración colectiva financia horas formativas de auxiliar de monitor a usuarios e usuarias de Down Vigo e, unha vez finalizada esta formación, ofrécelles a posibilidade de realizar prácticas nos comedores escolares, pertencentes á rede de colexios de Foanpas, que Serunión xestiona na cidade. Son 12 as persoas da asociación Down Vigo que xa realizaron as 20 horas de formación e que, nunha segunda fase, realizarán estas prácticas formativas. Neste sentido, Carlos Varela, Director de Serunión Galicia, apuntou que a empresa “ofrece o que será, para moitos mozos e mozas, a primeira toma de contacto co mundo laboral, favorecendo, ademais, a plena inclusión socio laboral e a vida autónoma das persoas con discapacidade intelectual”. E desde Foanpas sinalan que o acordo supón “un paso máis” na inserción laboral e sinalan que os colexios son “o primeiro paso” cara á inclusión social: “Todos temos os mesmos dereitos e hai que fomentar isto desde a escola”. Pola súa banda, en declaracións a Cadena Cope, a directora de Down Vigo espera que “de aquí salga unha posible inserción laboral”. Á firma do convenio asistiron o director e a xefa de servizo de Serunión, Carlos Varela e Clara Monroy, así como a directora de Down Vigo e a técnico de emprego, Ana Tejada e Isabel Sierra. Por parte de Foanpas acudiron a súa presidenta, Belén Fernández, e a portavoz, Bertila Fernández, así como Belén Fernández e Pilar Ramos. Este acordo con Down Vigo é extensivo a outras asociacións de Pontevedra e A Coruña, nos que tamén se ofrecerá formación e prácticas na rede de comedores escolares que xestiona Serunión.  

Entradas relacionadas

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
‘O Quiosco de Down Experience’ participa na ‘EA! Gastrosocial Experience’
6 Xuño, 2022
AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña
12 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}