Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

“Queremos tomar as nosas propias decisións”

Traballamos

Medramos

Aprendemos

“Queremos tomar as nosas propias decisións”

23 Maio, 2016

» “Queremos tomar as nosas propias decisións”

Máis dun centenar de mozos e mozas de todo o país reivindicaron o seu dereito a unha vida independente no 2º Encuentro Nacional de Jóvenes de Down España. Mocidade, autonomía e inclusión foron os temas principais do 2º Encuentro Nacional de Jóvenes de Down España celebrado durante esta fin de semana en Santiago de Compostela. Tres días para gozar e compartir experiencias e coñecementos relacionados cos diferentes proxectos de Vida Independente de cada un dos seus participantes. Este encontro estatal, coorganizado por Down España e Down Galicia, tivo por obxectivo principal proporcionar un lugar de encontro a mozos e mozas maiores de idade de todo o país no que poder intercambiar experiencias, coñecer xente nova e poñer en común inquedanzas, preocupacións, soños e logros nun contexto de convivencia totalmente inclusivo. Acto inaugural A sesión inaugural, celebrada o venres no Colexio La Salle, estivo conducida por Carlota Rodríguez, unha moza usuaria de Down Compostela participante no encontro. Ela foi a encargada de dar a benvida a todos os alí congregados e ceder a palabra aos integrantes da mesa institucional. O presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto González, abriu a quenda de intervencións agradecendo a Down España a confianza depositada na súa entidade como organizadora da cita. Tamén agradeceu ós asistentes “a boa acollida que tivo un evento tan relevante como este”. Así mesmo, dirixíndose ó auditorio, resaltou que é necesario saber “cales son as vosas necesidades, as vosas demandas e as vosas opinións”. Na mesa estivo acompañado polo tesoureiro de Down España, Juan Martínez López, quen, ademais de dar a benvida aos asistentes, destacou a importancia de tomar decisións propias. “Sede donos da vosa vida”, concluíu. Pola súa banda, dous mozos galegos, Ruth e Elías, compartiron cos demais participantes os seus proxectos de vida independente. Ruth Ramos Núñez, vogal da Xunta Directiva de Down España, compartiu cos seus compañeiros e compañeiras a súa primeira experiencia fóra de casa e recalcou que “todos deberiamos aprender a vivir sós”. Pola súa banda, Elías Ledo Vázquez falou sobre as súas tarefas como vogal do Padroado da Fundación Down Compostela e animou aos asistentes ao encontro a non deixar de loitar por unha vida autónoma. O Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, pechou a quenda de intervencións encomiando este tipo de encontros, xa que son unha “ocasión inmellorable para que todos melloremos como persoas, independentemente dos cromosomas que teñamos”. E para poñer o broche final á noite, Carlos Branco, recoñecido humorista galego, deleitou aos presentes cun monólogo sobre a cidade de Santiago e sobre Galicia. A súa actuación foi un verdadeiro éxito e as risas non deixaron de escoitarse na sala de conferencias do colexio. Visita do Presidente da Xunta de Galicia O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, gozou a mañá do sábado dun pequeno almorzo informal con algúns representantes das entidades participantes no Encontro. Durante este tempo, puideron conversar dalgúns dos temas que máis preocupan ós mozos e mozas como os seus dereitos, a segregación na educación, o traballo ou a participación na súa comunidade, entre outros. Un programa cheo de posibilidades Aínda que o encontro estivo dividido en tres xornadas, foi o sábado cando os participantes puideron gozar de máis actividades. O programa preparado para a ocasión recollía desde visitas culturais ao aire libre a talleres en grupo onde se puideron compartir experiencias e preocupacións. Os asistentes ao encontro dedicaron a mañá a coñecer a cidade e empaparse da rica cultura galega. Mentres un grupo percorría a última etapa do Camiño de Santiago a pé, outros grupos máis pequenos escoitaban a historia da capital de Galicia nunha visita polo seu casco antigo. A tarde do sábado tivo lugar a parte máis formativa do encontro. Divididos en oito grupos, os máis de cen participantes traballaron e debateron durante varias horas aspectos escollidos por eles mesmos: amor e sexualidade, vivenda, traballo, amizade e lecer. Clausura e sorteo de agasallos O encontro pechou definitivamente as súas portas a mañá do domingo cun acto de clausura no que un representante de cada grupo expuxo ante os seus compañeiros e compañeiras as conclusións ás que os participantes chegaron nos talleres realizados a tarde anterior. E para delicia dos asistentes, o encontro tivo como colofón un gran sorteo de agasallos. Tablets, smartphones, smartwatchs, lentes de sol,… Unha gran variedade de produtos cedidos por importantes empresas galegas como Primux, Cenor, Caramelo, Blusens, Casa de los lentes – Opticalia, El Corte Inglés, Deportes Caneda e Papelería Carlín, entre outros.  

Entradas relacionadas

Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Vacinación contra a gripe estacional e COVID-19 para as persoas coa síndrome de Down
18 Setembro, 2023
Tres mozos de Down Coruña desfrutan da experiencia de vivir de forma independente
31 Agosto, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
17 Xullo, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}