Down Pontevedra “Xuntos” e “Espacio Arroelo” veñen de asinar un convenio de colaboración polo que unha usuaria da asociación pasou a formar parte do persoal do espazo de coworking a comezos do mes de maio. Cecilia Dos Santos incorporouse ó programa de Emprego con apoio de Down Pontevedra “Xuntos” no ano 2015 e desde hai unhas semanas encárgase da recepción dos clientes de Espacio Arroelo, do mantemento dos seus espazos de traballo e de realizar tarefas de xestión, loxística ou administración para o bo funcionamento do Coworking. A principal afección desta moza de 30 anos é a artesanía e a súa intención é poder compartila con todo aquel que o desexe para facer voar a súa creatividade. En verbas dos seus compañeiros e compañeiras, “Cecilia fai máis felices ás persoas que compartimos o espazo”. Esta iniciativa está suscitando un gran interese entre outros coworkings de España, que amosan a súa intención de unirse a esta experiencia inclusiva. http://espacioarroelo.es/co…/attachment/cecilia-dos-santos/…
