Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

40 persoas de entidades Down en Galicia preséntanse ás oposicións para persoas con discapacidade intelectual convocadas pola Administración central

Traballamos

Medramos

Aprendemos

40 persoas de entidades Down en Galicia preséntanse ás oposicións para persoas con discapacidade intelectual convocadas pola Administración central

9 Xuño, 2016

» 40 persoas de entidades Down en Galicia preséntanse ás oposicións para persoas con discapacidade intelectual convocadas pola Administración central

Un total de 40 persoas de todas as entidades Down en Galicia presentaranse este sábado, 11 de xuño, ao exame das oposicións convocadas pola Administración central do Estado para persoas con discapacidade intelectual. Esta proba, que se celebrará na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid, corresponde á primeira fase do proceso selectivo para o ingreso como persoal laboral fixo coa categoría de Axudante de Xestión e Servizos Comúns (ordenanza). A convocatoria, realizada polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, está destinada a cubrir un total de 70 prazas no conxunto do Estado español, das cales 6 corresponden ao ámbito autonómico galego -2 prazas na provincia de Pontevedra, outras 2 en Ourense, 1 en A Coruña e outra en Lugo-. Aposta polo Emprego Público O acceso ó emprego público para as persoas con discapacidade intelectual en xeral, e coa síndrome de Down, en particular, é unha das reivindicacións históricas da Federación Down Galicia. A Administración central convocara por primeira vez unhas oposicións en quenda única e independente para persoas con discapacidade intelectual no ano 2012, no que ofertaba 3 prazas de ordenanza para a Comunidade Autónoma de Galicia, 2 na Coruña e 1 en Lugo. Naquela ocasión, un mozo lucense coa síndrome de Down acadara o posto de Lugo, converténdose no primeiro galego con esta síndrome que conseguía unha praza nunha oposición convocada polo Estado. O feito de que ata entón as convocatorias se fixeran conxuntamente para o colectivo de persoas con algunha discapacidade – xa fose intelectual, física ou sensorial-, implicaba que non se tiña en conta que as dificultades dos diferentes grupos de persoas con discapacidade non son as mesmas. Considerando que cada tipo de discapacidade ten unhas particularidades propias, Down Galicia sempre reclamou que as adaptacións nas probas de acceso fosen específicas para cada grupo, xa que non é posible unha equiparación real de oportunidades de non terse en conta as diferenzas de partida. Ademais desta convocatoria estatal, en marzo de 2015, a Xunta de Galicia contemplou por primeira vez na súa historia na oferta de emprego público a reserva de prazas para persoas con discapacidade intelectual e a convocatoria dunhas oposicións dirixidas a este colectivo, neste caso para cubrir 6 prazas de ordenanza. FOTO: CRTVG  

Entradas relacionadas

O Goberno facilita a xubilación anticipada das persoas con discapacidade superior ao 45%
25 Maio, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
A Deputación da Coruña volve colaborar con Down Galicia en dous proxectos na provincia
30 Marzo, 2023
Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}