Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Unhas 1.500 persoas esixen fronte ó Congreso o dereito ó voto para case 100.000 persoas con discapacidade que non o teñen recoñecido

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Unhas 1.500 persoas esixen fronte ó Congreso o dereito ó voto para case 100.000 persoas con discapacidade que non o teñen recoñecido

17 Xuño, 2016

» Unhas 1.500 persoas esixen fronte ó Congreso o dereito ó voto para case 100.000 persoas con discapacidade que non o teñen recoñecido

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), xunto ás súas entidades membro, celebrou este venres unha concentración cívica fronte ao Congreso dos Deputados para esixir o dereito ao voto de case 100.000 persoas con discapacidade intelectual, enfermidade mental ou deterioración cognitiva que non o teñen recoñecido na actualidade, e para reclamar que se dote de plena accesiblidade a todos os procesos electorais. “Estamos en plena campaña electoral, nun acto festivo, nun acto reivindicativo e que esperamos que tamén sexa un funeral, porque debería ser a última vez que nunhas eleccións hai 96.000 persoas que non votan. E iso ten que acabar, ten que morrer. Estamos aquí celebrando esa posible morte por conseguir cambiar a lei”, afirmou o presidente do CERMI, Luís Cayo Pérez Bo, durante a concentración, que contou coa participación de todo o tecido asociativo da discapacidade e de representantes  do Terceiro Sector. O máximo representante do CERMI instou a que “ninguén se atreva a dicir se alguén pode ou non pode votar, se ten capacidade, se non a ten, se discirne ou non”. Na súa opinión, existe “unha anomalía democrática, un déficit moi grande no noso sistema democrático, que ataca á diversidade, á xente con discapacidade”, razón pola cal urxiu ó próximo goberno a modificar a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) para que “teñamos unha democracia decente”. Pola súa banda, o secretario xeral do CERMI, Alberto Durán, cualificou de “erro enorme” que a lexislación vixente impida o dereito ó sufraxio a 96.000 persoas con discapacidade. “VOTA PARA QUE VOTEMOS” A concentración tivo lugar na madrileña Praza das Cortes, de 11.30 a 13.30 horas, onde se dispuxeron varias mesas electorais con urnas simbólicas e papeletas co lema “Vota para que votemos”. O evento reunía con todos os requisitos necesarios para garantir a absoluta accesibilidade, incluíndo sistema de bucle magnético, intérpretes de lingua de signos e papeletas en lectura fácil e en Braille. O acto estivo conducido por José Manuel González Huesa, director xeral de Servimedia e director de Comunicación do CERMI. Así mesmo, unha batucada e unha actuación do “Psicoballet” de Maite León ocupáronse de amenizar e animar a marcha da concentración, que contou coa participación de múltiples persoas privadas do dereito ó voto por razón da súa discapacidade acompañadas nalgúns casos tamén de familiares e amigos.  

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
CERMI Galicia expón as principais reivindicacións das persoas con discapacidade ante o Parlamento de Galicia
12 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
8 de marzo de 2022: Vinte e cinco anos de conquistas e reivindicación
8 Marzo, 2022
Down España recada fondos para axudar a familias de persoas coa síndrome de Down de Ucraína
4 Marzo, 2022
Xunta, FEGAMP e Terceiro Sector asinaron a nova Axenda Social Única de Galicia
4 Xaneiro, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}