Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Mozos e mozas de Down Compostela e Down Vigo fórmanse como especialistas en café para o V Campionato Barista de Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Mozos e mozas de Down Compostela e Down Vigo fórmanse como especialistas en café para o V Campionato Barista de Galicia

30 Setembro, 2016

» Mozos e mozas de Down Compostela e Down Vigo fórmanse como especialistas en café para o V Campionato Barista de Galicia

Seis mozos e mozas de Compostela e seis de Vigo, coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, reciben esta semana unhas xornadas de formación intensiva na profesión barista, para poder exhibir os seus coñecementos no V Campionato Barista de Galicia, que se celebrará o domingo 2 de outubro na terraza do restaurante Porta Faxeira (rúa do Franco, 50) de Santiago, a partir das 17.00 horas (en caso de choiva celebrarase no Hotel Virxe da Cerca).

Desde o pasado luns, os profesionais baristas da escola de Cafento Diego López e Luís Pérez, en Santiago, e Víctor Couto e Marcos González, en Vigo, están a formar ós integrantes dos dous equipos que o domingo demostrarán as súas cualidades como baristas. Os gañadores do campionato poderán realizar prácticas laborais en establecementos de hostalería, para facilitar o seu acceso ao mercado laboral.

Os Campionatos Baristas Down son unha iniciativa pioneira no mundo, nacida en Galicia en 2012 coorganizados por Cafento e a Fundación Down Compostela, que buscan visibilizar ao colectivo de persoas coa síndrome de Down en termos positivos; dar unha formación profesional especializada a persoas deste colectivo; facilitar a súa inserción no mercado do traballo con prácticas laborais en establecementos de hostalería. Actualmente celébranse tamén nas comunidades autónomas de Andalucía, Asturias, Madrid, Murcia e Valencia.

Tiveron eco na prensa internacional e inspiraron un proxecto similar na cidade canadense de Toronto, chamado Made by Mavericks, que en 2015 recibiu un importante premio naquel país. Gerald Fantone, técnico de emprego na cooperativa sen ánimo de lucro Common Ground Co-Operative e creador dese proxecto,  visitou Galicia o pasado ano para asistir ao IV campionato, a fin de coñecer mellor o seu funcionamento.

O V Campionato Barista de Galicia é coorganizado por Cafento, a Fundación Down Compostela, a Asociación Down Vigo e Pousadas de Compostela.

O V Campionato Barista Down de Galicia

Os participantes terán de preparar, ante xuíces baristas de recoñecido prestixio, dous cafés expresos, dous capuchinos decorados coa técnica do latte art e dous cócteles a base de café.

Todos os participantes accederán a prácticas laborais nos establecementos hostaleiros colaboradores da súa localidade.

Dúas notas sobre a historia dos Campionatos Baristas Down

Os Campionatos Baristas Down son unha iniciativa da empresa cafetera Cafento (en Galicia máis coñecida polas súas marcas Cafegal, O Galego e O Trópico), pioneira no mundo e que consiste en levar as competicións entre profesionais expertos na cultura do café de calidade ás persoas coa síndrome de Down.

O primeiro Campionato Barista Down desenvolveuse en Galicia no ano 2012, sendo coorganizado pola Fundación Down Compostela. En 2013 celebrouse a súa segunda edición contando nesta ocasión, ademais, co concurso da Asociación Down Vigo. En 2014, ao decano certame galego sumáronse os Campionatos Baristas de Andalucía, Asturias e a Rexión de Murcia. En 2015 Cafento xa promoveu a celebración dos Campionatos Baristas Down de: Comunidade Valenciana (febreiro), Andalucía (maio) e Asturias (xuño); e este ano en Madrid e a Rexión de Murcia.

Balance dos Campionatos Baristas Down ata agora

Grazas a estes certames, cento vinte persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais de toda España, puideron formarse como especialistas no mundo do café. Deles, case unha trintena tivo ocasión de realizar prácticas laborais en diversos tipos de establecementos de hostalería.

Varios dos participantes nos diversos campionatos foron contratados de modo temporal pola propia Cafento que, ademais, contratou de maneira indefinida a dúas dos participantes na primeira edición do Campionato Barista Down de Andalucía (2014), para a súa sede en Córdoba.

Pero, máis aló de pretender contribuír á inserción laboral, e consecuente autonomía das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, os Campionatos Down queren ser unha oportunidade para visibilizar a este colectivo como persoas diferentes, pero perfectamente capaces.

Entradas relacionadas

Down Compostela entrega os seus décimos premios a Burger King, Escola Play e José María Fernández
22 Marzo, 2023
Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade
21 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}