Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

‘Los Hosteleros Modélicos’, de Down Compostela, gañan o V Campionato de Baristas Down de Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

‘Los Hosteleros Modélicos’, de Down Compostela, gañan o V Campionato de Baristas Down de Galicia

3 Outubro, 2016

» ‘Los Hosteleros Modélicos’, de Down Compostela, gañan o V Campionato de Baristas Down de Galicia

O equipo “Los Hosteleros Modélicos”, da Fundación Down Compostela, proclamouse na tarde de onte gañador do V Campionato de Baristas Down de Galicia, ó impoñerse aos seus compañeiros “Los Veraniegos”, de Down Vigo, na competición celebrada na terraza do Restaurante Porta Faxeira. Promovido pola empresa Cafento, esta iniciativa pioneira no mundo, pretende demostrar a profesionalidade e calidades das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual no mundo do café, ademais de axudar á súa incorporación ao mercado laboral.

Os dous xuíces profesionais que valoraron o campionato, José Ríos e José Soto, destacaron a excelente execución dos participantes, que tiveron que elaborar dous expresos, dous capuccinos e dous cócteles de café. “Para min é un orgullo estar hoxe aquí. Fixéstelo demasiado ben, se temos en conta que só tivestes unha semana de formación”, asegurou José Soto antes de dar a coñecer os gañadores.

Pola súa banda, José Ríos, xuíz de concursos profesionais e profesor da Escola de Hostalería, asegurou que lle gustaría “inculcar aos meus alumnos o que vós demostrastes hoxe aquí”, díxolles aos doce participantes. “Foi marabilloso ver o que se pode facer con traballo”, engadiu. Ríos destacou “a profesionalidade dos participantes. Xa me gustaría poder tomar en todas as cafeterías ás que vou cafés como os que probei hoxe”, concluíu. Para participar no campionato, os 12 integrantes dos dous equipos recibiron 10 horas de formación durante a última semana.

Na terraza do Restaurante Porta Faxeira de Santiago, que se atopaba abarrotada de público, os participantes elaboraron dous cafés expresos, dous capuccinos decorados coa técnica do latte art e dous cócteles a base de café. O equipo de Down Compostela optou por un cóctel con chocolate e o de Down Vigo por un con cacao e nata.

O xurado decidiu que o equipo “Los Veraniegos”, de Down Vigo, formado por Dani López, Dani Vila, Pedro, Adri, Rocío e Coral realizou o mellor expreso.

“Los Hosteleros Modélico”, de Down Compostela, formado por Raquel,  Paula, Patricia, Vanesa, Cristina e Miguel levaron o premio ao mellor capuccino e ao mellor cóctel, en opinión do xurado. Así mesmo, e por unha diferenza de só dous puntos, foron proclamados os gañadores absolutos do campionato. En palabras de Diego López, profesor barista de Cafento, “os xuíces tivérono moi difícil. Utilizan o mesmo sistema de puntuación que nos campionatos profesionais e, neste caso, o equipo de Down Compostela, con 455 puntos, impúxose ao de Down Vigo por só dous puntos de diferenza”.

O certame, coorganizado por Cafento, Fundación Down Compostela e Asociación Down Vigo, contou coa colaboración de Pousadas de Compostela.

Entradas relacionadas

Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Down Compostela presenta en Ecuador o seu programa para a mellora das competencias dixitais
19 Xaneiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}