Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia e a Consellería de Sanidade asinan un convenio para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia e a Consellería de Sanidade asinan un convenio para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

10 Outubro, 2016

» Down Galicia e a Consellería de Sanidade asinan un convenio para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

Delmiro Prieto, presidente da Federación Down Galicia, e Jesús Vázquez Almuiña, conselleiro de Sanidade en funcións, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. O acordo fixa as condicións para comezar a desenvolver actividades que promovan e fortalezan as opcións de empregabilidade das persoas usuarias das sete entidades que conforman Down Galicia no Servizo Galego de Saúde.

“A administración é a casa de todos e, como tal, debe cubrir as necesidades de todos os seus membros”. Así valorou Delmiro Prieto o peche deste convenio, resaltando o apoio que debe establecer a consellería para a igualdade de todas as persoas que compoñen a sociedade. “As persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual son persoas de pleno dereito”, apostilou o presidente da organización.

Pola súa banda, o conselleiro Jesús Vázquez Almuiña agradeceu a Down Galicia e as súas entidades membro o traballo que veñen desenvolvendo desde hai máis de 25 anos. “Queremos contribuír con apoios e oportunidades a que cada persoa con discapacidade intelectual e a súa familia poidan desenvolver o seu proxecto de calidade de vida, así como a promover a súa inclusión como cidadán”, explicou o conselleiro durante a sinatura.

O convenio é o punto de partida para o proceso de inserción e adaptación efectiva ao posto de traballo de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual no SERGAS. Para iso, impartiranse cursos de formación específicos previos ao comezo da prestación de servizos na Administración; seguimento do desempeño da actividade laboral, incluíndo formación continua en competencias instrumentais, transversais e laborais para este colectivo e de acordo cos resultados da detección de necesidades formativas; e realizaranse obradoiros prácticos de intercambios de experiencias dirixidos ao persoal que realiza funcións de referencia na súa contorna de traballo.

Primeiras oposicións dirixidas a persoas con discapacidade intelectual

En marzo de 2015 a Xunta de Galicia contemplou por primeira vez na súa historia na oferta de emprego público a reserva de prazas para persoas con discapacidade intelectual e a convocatoria dunhas oposicións dirixidas a este colectivo, neste caso para cubrir 6 prazas de ordenanza.

Estas 6 prazas únense ás 33 que se inclúen na Oferta de Emprego Público para este 2016 reservadas para este colectivo, nas que se inclúen 17 do SERGAS. Esta convocatoria contemplará a súa propia lista de contratación temporal.

Demandas sobre atención temperá e envellecemento

A Federación Down Galicia entregou ao conselleiro unha serie de demandas existentes na actualidade no ámbito da Atención temperá e Envellecemento de persoas coa síndrome Down e/ou discapacidade intelectual.

A organización ve necesaria unha rede pública de atención temperá gratuíta e regulada para nenos de entre 0 e 6 anos. Recentemente detectouse a derivación destes servizos a entidades privadas, cando isto corresponde á administración e as entidades Down non teñen financiamento específico nin estable para levalos a cabo. A federación considera, en cambio, que a súa traxectoria e persoal cualificado deberíanlle permitir formar parte da Rede Galega de Atención Temperá.

Doutra banda, as persoas coa síndrome de Down viviron un espectacular aumento da súa esperanza de vida, superando os 60 anos. Demándase identificar e protocolizar esta realidade, coñecendo as necesidades de atención e diagnóstico do Alzhéimer e outras demencias. Para iso, Down Galicia ve necesario lograr un marco de colaboración co SERGAS.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}