Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Fundación Mapfre aposta pola inserción laboral de persoas con discapacidade en Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Fundación Mapfre aposta pola inserción laboral de persoas con discapacidade en Galicia

20 Outubro, 2016

» Fundación Mapfre aposta pola inserción laboral de persoas con discapacidade en Galicia

Empresas que desenvolven a súa actividade en Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa asistiron hoxe en Vigo a un encontro empresarial organizado por Fundación Mapfre. O obxectivo foi presentarlles o programa “Juntos Somos Capaces”, que leva a cabo esta entidade desde 2010 co fin de promover a formación ocupacional e a inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual e enfermidade mental.

Durante o encontro, que foi posible grazas á Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa e a Federación Down Galicia xunto coa súa entidade membro Down Vigo, convidouse ás empresas, entre elas Alcampo, a que participen no devandito programa facilitando a estas persoas en risco de exclusión social e en situación de desemprego de longa duración prácticas laborais coas que obteñan máis oportunidades profesionais no futuro.

As empresas que se adhiran a este programa recibirán o apoio e o seguimento necesario por parte de profesionais especializados de entidades como Down Vigo.

A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa segue demostrando así o seu gran compromiso coas persoas máis vulnerables, apoiando o seu desenvolvemento profesional, a súa educación e o seu acceso ao emprego.

Os excelentes resultados do programa Juntos Somos Capaces converten á Fundación Mapfre nun dos principais dinamizadores da inserción socio-laboral das persoas con discapacidade intelectual e enfermidade mental en España. Desde fai seis anos, o programa fixo posible que máis de 3.700 empresas colaboren actualmente co programa, facilitando a formación a 2.000 persoas e a inserción laboral de 2.300 persoas.

No acto participaron D. José Manuel García, Xerente Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa; D. Francisco Javier Carpinteiro, Director de Oficina Mapfre de Vigo García Barbón e Dna. Carmen López Barrero, Presidenta de Down Vigo.

Entradas relacionadas

O Goberno facilita a xubilación anticipada das persoas con discapacidade superior ao 45%
25 Maio, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
A Deputación da Coruña volve colaborar con Down Galicia en dous proxectos na provincia
30 Marzo, 2023
Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade
21 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}