Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia e a Consellería de Educación asinan un convenio para favorecer a atención educativa do alumnado coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia e a Consellería de Educación asinan un convenio para favorecer a atención educativa do alumnado coa síndrome de Down

27 Outubro, 2016

» Down Galicia e a Consellería de Educación asinan un convenio para favorecer a atención educativa do alumnado coa síndrome de Down

Delmiro Prieto, presidente da Federación Down Galicia, e Román Rodríguez González, conselleiro en funcións de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, asinaron esta mañá un convenio para establecer as condicións da colaboración entre a Consellería e a Federación (xunto coas súas entidades membros) nas accións e actividades dirixidas á mellora da atención educativa ó alumnado coa síndrome de Down e/ou con discapacidade intelectual.

Este pacto promoverá entre o profesorado a colaboración da Federación Down Galicia e das súas entidades membros nas accións relativas á atención á diversidade e á formación do profesorado que atende a alumnado coa síndrome de Down e/ou con discapacidade intelectual.

A Consellería comprométese a facilitar que os profesionais das entidades Down colaboren cos centros docentes en labores de asesoramento tanto do profesorado coma das familias, na orientación sobre as metodoloxías máis axeitadas, e na posta a disposición de información complementaria que lles poida servir de axuda no día a día, tanto a nivel escolar como familiar.

Deste xeito, os profesionais das entidades Down poderán colaborar na orientación sobre metodoloxías axeitadas, proporcionar formación e información naqueles aspectos que o persoal dos centros docentes requira en relación co tratamento do alumnado con esta síndrome, e prestar asesoramento sobre recursos tecnolóxicos e estratexias didácticas e organizativas que favorezan a inclusión deste colectivo.

Beneficiaranse deste acordo todo o alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual de todas as etapas e niveis educativos que reciben apoio de Down Galicia e das súas entidades membros, así como o profesorado, o persoal dos servizos complementarios, os orientadores e orientadoras, os membros dos equipos de orientación específicos que atenden os procesos formativos, e as familias ou os representantes legais dese alumnado.

Demandas no eido educativo

A Federación Down Galicia entregou ó conselleiro unha serie de propostas de mellora necesarias no ámbito da inclusión educativa.

Ademais, co obxecto de minimizar as incidencias detectadas no eido educativo, acordouse a realización dun documento onde se inclúan estratexias, pautas e recursos para favorecer a inclusión real do alumnado con necesidades educativas específicas, como as persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual.

A educación, un piar fundamental

A educación é un piar fundamental no desenvolvemento de calquera sociedade. As sociedades avanzadas deben estar dotadas de Institucións capaces de garantir este dereito a toda a poboación, sen excluír a ningún individuo por ningunha causa.

A sociedade na que vivimos é plural e esa realidade ha de ser a bandeira da educación. Se se segrega ó alumnado, sexa cal sexa a causa, sobre todo nunha idade temperá, non se avanza na construción dunha sociedade tolerante e respectuosa coa diferenza e coa diversidade. A convivencia enriquece tanto a aquelas persoas que presentan algunha dificultade como ó resto.

Entradas relacionadas

Fundación Mapfre colabora co envellecemento activo das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
24 Xaneiro, 2023
Boas prácticas en accesibilidade cognitiva: as entidades de Down Galicia fan os seus espazos máis accesibles da man de Autismo Galicia
20 Xaneiro, 2023
A Consellería de Política Social e Xuventude colabora no mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal
2 Decembro, 2022
Política Social impulsa o proxecto de avaliación do envellecemento de Down Galicia
30 Novembro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}