Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Máis de 120 participantes na xornada “Experiencias e Metodoloxías de Educación Inclusiva” organizada por Down Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Máis de 120 participantes na xornada “Experiencias e Metodoloxías de Educación Inclusiva” organizada por Down Galicia

7 Novembro, 2016

» Máis de 120 participantes na xornada “Experiencias e Metodoloxías de Educación Inclusiva” organizada por Down Galicia

Down Galicia celebrou o pasado sábado a xornada “Experiencias e Metodoloxías de Educación Inclusiva” na que participaron profesionais docentes, de orientación e directivos dos centros educativos de infantil, primaria e secundaria da Consellería de Educación, así como técnicos de educación das entidades Down. Trátase dunha acción formativa homologada pola propia Consellería de Educación e que contou con 120 persoas inscritas.

Esta formación tivo como obxectivo principal a contribución á mellora da sensibilización e formación dos participantes na utilización de metodoloxías inclusivas e boas prácticas como medida de atención e optimización do proceso de inclusión educativa do alumnado con maiores necesidades de apoio educativo.

A parte máis teórica correu a cargo de Cecilia Simón Rueda, Doutora en Psicoloxía e Profesora Titular do Departamento Interfacultativo de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade Autónoma de Madrid (UAM). Simón, que tamén é membro do grupo de investigación “Inclusión/exclusión educativa: procesos interpersonales” da UAM e do equipo que coordina o “Consorcio para a educación inclusiva”, falou sobre a importancia da educación inclusiva e da inclusión no seu conxunto e  resaltou a relevancia de non crear un modelo único de aprendizaxe, senón metodoloxías centradas en cada individuo.

Na primeira mesa redonda, xa nunha liña máis práctica, analizouse o traballo realizado nos colexios de Castroverde, Valdoviño, Ponteareas e Cambados, relatando algunhas das metodoloxías e ferramentas empregadas nestes centros. Así, Carmen Morán centrou a súa intervención nas “Comunidades de Aprendizaxe”, Laura Fernández no “Traballo por proxectos”, Margarita Loureiro na “Intelixencia emocional e as TICs” e Rosa Fiel na metodoloxía da “Aprendizaxe Cooperativa”.

Xa pola tarde, os relatorios estiveron centrados en experiencias e boas prácticas en centros educativos. En primeiro lugar, os asistentes puideron escoitar da man do especialista en pedagoxía terapéutica Amador Bernardo, a historia de Tamara Carballa, unha rapaza de Vigo coa síndrome de Down que acadou o Premio extraordinario da ESO ó esforzo e á superación persoal outorgado pola Xunta de Galicia.

A continuación, tivo lugar a exposición de Mercedes Alfaro e Samuel Otero, mestres do IES Pino Manso de O Porriño, que compartiron cos participantes na xornada a experiencia “Entre tod@s é posible” sobre a inclusión dun alumno coa síndrome de Down nunha FP Básica. Seguidamente, Laura Fernández, mestra do CPI de Atios (Valdoviño), relatou a súa experiencia traballando con intelixencias múltiples.

A mesa escollida para finalizar a  xornada foi “Outras voces da inclusión”. A primeira intervención veu da man de Ramón Costas, responsable da área de educación de Down Pontevedra “Xuntos”, que presentou o testemuño de Pedro, un alumno coa síndrome de Down escolarizado nun centro ordinario, e a súa nai Marisé. E para rematar, Xosefina Pereira, mestra de educación primaria, compartiu a súa experiencia sobre inclusión cunha alumna coa síndrome de Down.

Finalidade das metodoloxías inclusivas

A finalidade das metodoloxías inclusivas e as boas prácticas é acadar unha escola con capacidade para  responder ás necesidades individuais dos seus alumnos e alumnas, sexa cal sexa o seu grao de especificidade. Un tipo de escola que debe ser capaz, polo tanto, de adecuar recursos e metodoloxías ás características de todo o alumnado.

Entradas relacionadas

25 persoas das entidades de Down Galicia realizan prácticas laborais na Xunta de Galicia a través de Política Social e Xuventude
4 Decembro, 2023
A Consellería de Política Social e Xuventude financia o mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal
1 Decembro, 2023
Máis de 500 persoas recibiron formación no programa integrado para o fomento da empregabilidade de persoas vulnerables no que participou a Federación
15 Novembro, 2023
Máis de mil cincocentas accións desenvoltas no Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia, que atende a 249 persoas demandantes
24 Outubro, 2023
Down Galicia organiza a primeira xuntanza autonómica de irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
2 Outubro, 2023
Down Galicia lanza unha actualización da súa guía con normas e recomendacións sobre lectura fácil
27 Setembro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}