Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Éxito da metodoloxía de “Emprego con apoio” entre as empresas da cidade de Pontevedra

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Éxito da metodoloxía de “Emprego con apoio” entre as empresas da cidade de Pontevedra

12 Decembro, 2016

» Éxito da metodoloxía de “Emprego con apoio” entre as empresas da cidade de Pontevedra

Dende o pasado mes de outubro, 6 novas empresas de referencia na cidade de Pontevedra sumáronse a aquelas outras que, ó longo do ano, contrataron a traballadores e traballadoras do Servizo de Emprego con Apoio de Down Pontevedra.

Unha destas compañías é “ARUME”, presente nos comedores escolares dos centros de educación infantil e primaria, onde despois dunha formación teórico-práctica procederon á contratación dun traballador do Programa ECA (Emprego con Apoio) para o posto de monitor de comedor escolar. Así, dende o pasado 03 de outubro, Víctor traballa cos máis pequenos no CEIP Barcelos, levando a cabo as funcións que lle corresponden no seu traballo de xeito satisfactorio. Nesta mesma liña, outro mozo rematou este mes de novembro as súas prácticas de monitor de comedor escolar coa mesma empresa, neste caso no CEIP Manuel Vidal Portela, cunha valoración final moi positiva.

Por outra banda, dende o pasado 17 de outubro e despois dun período de prácticas, o “COWORKING ESPACIO ARROELO” non dubidou á hora de contratar a Cecilia, traballadora do Programa ECA de Down Pontevedra. As súas principais tarefas son a atención ó cliente e o mantemento do Espazo.

A opinión de África, xerente do Coworking Espacio Arroelo

“A incorporación de Cecilia a Espacio Arroelo fixo que desde un coworking comecemos a construír o mundo que nos gusta”, comenta África.

“Os beneficios deste programa para a xestión dun coworking son múltiples. Aquí van dous dos máis importantes para nós:

  • Desde un punto de vista emocional, integrar na túa organización a toda a sociedade fai que todo o teu entorno comece a cambiar. Conseguir que todos os nosos coworkers e as súas familias convivan con novas realidades e perspectivas fai que aprendamos con mundos descoñecidos cada día. Axudamos a liberar o noso pensamento e o da comunidade.
  • Desde un punto de vista operativo, cando xestionamos un coworking asumimos tarefas que requiren tempo e nos impiden desenvolver aquelas que son clave para facer felices ós coworkers. O tempo que Ceci traballa no espazo é ouro para falar coa comunidade, tecer redes ou crear novas ideas para axudar a que lles vaia mellor ós nosos coworkers”.

Excelente primeira quincena de novembro

No pasado mes de novembro e tamén despois dun período de prácticas, Diego e Cecilia convertéronse nos novos repartidores da publicidade da empresa “DOLCE VITA” de Pontevedra. Desempeñan o seu traballo con moita profesionalidade e entusiasmo, recorrendo as rúas e facendo chegar ós fogares pontevedreses a publicidade da compañía.

Xunto a elas, e tamén neste mes, “SERVIOCIO” (Piscinas Campolongo) incorpora na empresa a David para o posto de limpeza diaria dos vestiarios, traballo que compaxina co posto que desenvolve polas mañás en McDonalds.

En tódolos casos, nas empresas contratantes contan co respaldo dun profesional da entidade Down quen, de xeito gratuíto, presta o apoio preciso ós traballadores e traballadoras da mesma.

Convenio de colaboración con Ucalsa

Francisco Villarreal, Director Comercial e de Expansión de Ucalsa, desprazouse esta semana desde a central da empresa en Madrid ata Pontevedra para afianzar e visibilizar o convenio de colaboración existente entre a compañía de restauración e o programa de Emprego con Apoio de Xuntos desde o ano 2010.

Ucalsa conta de xeito habitual dende hai algúns anos con varias persoas usuarias da entidade para o desenvolvemento das súas tarefas. Nestes momentos, conta con unha traballadora contratada á que se sumará outra persoa máis a partires de decembro.

O Nadal, época de insercións laborais

E desde o pasado 30 de novembro, Distribuciones Froiz, colaborador do programa de Emprego con Apoio de Xuntos desde o ano 2004, incorporou ó seu persoal a Diego e a Carlos, que elaborarán lotes navideños durante este mes de decembro.

Entradas relacionadas

Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
“Estou contenta de ter un traballo para toda a vida que me permita seguir sendo independente”
4 Xaneiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}