DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Down Galicia considera inconcibible o rexeitamento do Tribunal Constitucional a restablecer o dereito ó voto dunha moza con discapacidade intelectual

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Down Galicia considera inconcibible o rexeitamento do Tribunal Constitucional a restablecer o dereito ó voto dunha moza con discapacidade intelectual

A Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down (Down Galicia) expresou hoxe a súa indignación ante o rexeitamento do Tribunal Constitucional de admitir a trámite o recurso que a familia de Mara, unha moza galega con discapacidade intelectual, presentou para que se lle restablecese o seu dereito ó voto.

Delmiro Prieto, Presidente da Federación Down Galicia, comentou esta mesma mañá que “é unha sorpresa que a estas alturas de século sigan pasando cousas coma esta”. Prieto achaca esta “inconcibible decisión” a unha “notoria ausencia de capacidade nas altas esferas do Tribunal Constitucional”, que avalou a anterior sentenza do Tribunal Supremo por unha maioría de tres votos fronte a un. Referíndose a este voto particular, o presidente de Down Galicia indica que “polo menos hai quen pon algo de lucidez neste camiño cheo de barreiras”.

O voto contrario asínao a vicepresidenta do Tribunal, Adela Asúa, quen asegura nas súas declaracións que lle “produce perplexidade” que se rexeitaran as recomendacións do fiscal  e considera que “a exclusión do dereito de voto sobre a base dunha discapacidade psicosocial ou intelectual percibida ou real, incluída constitúe unha discriminación por motivos de discapacidade”.

O Presidente de Down Galicia destaca tamén que xa é a segunda ocasión que o poder xudicial deste país desperdicia para pronunciarse e posicionarse a favor do dereito ó voto das persoas con discapacidade e respectar deste xeito a Constitución Española e a Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

Segundo datos do CERMI, case 100.000 persoas con discapacidade intelectual, enfermidade mental ou deterioro cognitivo están na mesma situación que Mara e non poden votar en España.

O caso de Mara

Mara é unha moza de 20 anos para a que os seus pais solicitaron unha incapacitación parcial, pero respectándolle os seus dereitos personalísimos, entre os que se atopa a posibilidade de votar.

O 2 de setembro de 2014, o xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago ditou sentenza na que, entre outros aspectos, priva a Mara do dereito ao sufraxio activo. A familia recorreu á Audiencia Provincial da Coruña, que o 11 de marzo de 2015 ratificaba esta sentenza, do mesmo xeito que fixo a Sala do Civil do Tribunal Supremo en sentenza número 18/2016 do 17 de marzo pasado. O fallo do Tribunal Supremo produciuse en contra do criterio da Fiscalía quen solicitou, de acordo co que establece a Convención da ONU, que se facilitase a Mara os apoios necesarios e se lle permitise votar.

Segundo a Fiscalía, “tanto en primeira instancia como na Audiencia Provincial non se tivo en conta a importancia que para as persoas con discapacidade reviste a súa autonomía e independencia individual, incluída a liberdade de tomar as súas propias decisións”.

Hoxe é o Tribunal Constitucional o que avala esta vulneración de dereitos, tras non admitir a trámite o recurso de Mara.

Entradas relacionadas
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
Fundación Solidaridad Carrefour doa 10 tabletas a Down Galicia para mellorar as competencias dixitais das súas persoas usuarias
29 Decembro, 2020
Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra
19 Decembro, 2020
O movemento CERMI manifesta a súa “extrema preocupación” pola “pésima” evolución do emprego de persoas con discapacidade
18 Decembro, 2020
Down Galicia e Down España demandan un Plan Nacional pola Inclusión Educativa que concrete as propostas da lei Celaá
10 Decembro, 2020
O movemento CERMI esixe que as persoas con discapacidade estean presentes na reconstrución social e económica trala pandemia
3 Decembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down Vigo expón na sede da Deputación de Pontevedra os tapices da colección “El viaje de mi vida”
  • Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar
  • Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade