Down Galicia vén de lanzar neste inicio de ano un novo microespazo en Youtube dedicado á busca activa de emprego. Trátase de OrientaConsello, unha iniciativa da Federación que reivindica a inclusión e a filosofía colaborativa da rede, compartindo con todas aquelas persoas que o desexen consellos e trucos que as axuden na complicada tarefa que supón atopar un traballo.
Desta maneira, persoas usuarias das distintas entidades Down de Galicia contarán a través de vídeos breves e divertidos como facer un currículum ou unha carta de presentación, como preparar unha entrevista de traballo ou de que xeito buscar ofertas de emprego, entre outros moitos temas.
OrientaConsello terá unha periodicidade mensual e serán publicados na canle de Youtube e nas redes sociais da Federación Down Galicia.
Se queredes coñecer de primeira man esta nova iniciativa, non vos perdades a seguinte gravación de Paula Fernández Suárez.
Dentro vídeo!!