Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Ourense obtén o selo ONG Acreditada pola Fundación Lealtad

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Ourense obtén o selo ONG Acreditada pola Fundación Lealtad

11 Xaneiro, 2017

» Down Ourense obtén o selo ONG Acreditada pola Fundación Lealtad

A Fundación Lealtad, institución independente e sen ánimo de lucro, outorgou a Down Ourense o selo ONG Acreditada. Trátase dun distintivo único en España que axuda ós doantes para recoñecer de forma clara e sinxela a aquelas ONG que cumpren as actuais esixencias de transparencia e eficacia na xestión. Grazas ó selo, os doantes saberán que Down Ourense centra os seus esforzos nas áreas nas que ten experiencia, que a súa comunicación é fiable e non induce a erro ou que poden coñecer a porcentaxe de gastos que destina á súa misión, entre outros indicadores.

A concesión da acreditación é resultado dunha pormenorizada análise que concluíu que Down Ourense cumpre integramente os 9 Principios de Transparencia e Boas Prácticas. “A Fundación contrastou, entre outros puntos, o bo funcionamento do órgano de goberno da ONG para o cumprimento das súas responsabilidades e o uso eficaz dos seus recursos, se a entidade é sustentable e se a súa comunicación é fiable, así como a coherencia das súas actividades coa súa misión de interese xeral”, indicou Patricia de Roda, directora xeral da Fundación Lealtad.

Para Susana Rodríguez Moreiras, xerente de Down Ourense, esta acreditación “simboliza un recoñecemento por un terceiro do traballo desenvolvido nestes 13 anos, nos que sempre se ofreceu un servizo ás persoas para as que traballamos seguindo parámetros de calidade, con obxectivos da organización, por áreas e individualizados para cada persoa usuaria”.

O selo ONG Acreditada ten unha vixencia de dous anos e Down Ourense está autorizada a utilizalo nos seus materiais de comunicación e captación de fondos. “A sociedade española evolucionou e é agora máis esixente con respecto a todas as institucións, incluídas as ONG. Co selo da Fundación Lealtad, os cidadáns e as empresas recoñecerán a Down Ourense como unha ONG á que doar cun plus de confianza”, sinalou de Roda.

Cabe resaltar que Down Ourense é a única entidade de Ourense acreditada pola Fundación Lealtad. “Co selo informamos á nosa contorna que a entidade cumpre con criterios de boas prácticas e transparencia e con iso esperamos obter unha maior colaboración mediante doazóns de empresas e particulares”, comentou Rodríguez Moreiras.

O selo ONG Acreditada e o seu rigoroso proceso de concesión están avalados pola experiencia da Fundación Lealtad que desde o ano 2001 analizou a máis de 270 ONG e elaborado máis de 1.500 informes de transparencia e boas prácticas. A súa metodoloxía foi recoñecida nacional e internacionalmente. Á acreditación poden optar ONG de diferente perfil: asociacións e fundacións, grandes e pequenas, que desenvolvan proxectos de cooperación ao desenvolvemento e acción humanitaria, atención a colectivos desfavorecidos en España e medio ambiente. Os 9 Principios analizados agrupan máis de 40 indicadores de transparencia e boas prácticas. A información completa cos resultados da análise da Fundación pódese consultar en www.fundacionlealtad.org

Entradas relacionadas

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
“Estou contenta de ter un traballo para toda a vida que me permita seguir sendo independente”
4 Xaneiro, 2023
Mozos e mozas de Down Ourense e Down Vigo fórmanse nun título propio da Universidade de Vigo
1 Decembro, 2022
Down Ourense presenta o seu calendario solidario 2023
3 Novembro, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
Down Ourense conmemora o Día Mundial da síndrome de Down nas rúas da cidade
22 Marzo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}