Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Compostela e Fundación Vodafone España presentan un proxecto de formación para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Compostela e Fundación Vodafone España presentan un proxecto de formación para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

12 Xaneiro, 2017

» Down Compostela e Fundación Vodafone España presentan un proxecto de formación para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

A Fundación Down Compostela e Fundación Vodafone España presentaron ‘Enreda2’, unha iniciativa cuxo obxectivo é poñer en contacto a empresarios da zona e mozos e mozas coa síndrome de Down co obxectivo de que dialoguen e intercambien opinións sobre os beneficios que ten a inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual, tanto para este colectivo como para o ámbito empresarial.

Esta acción de networking, que xurdiu a partir do programa de formación prelaboral “Yo me prep@ro” impulsado por ambas as entidades, permite que os empresarios poidan coñecer de preto a persoas con esta discapacidade intelectual candidatas a incorporarse como traballadores nas súas empresas. A interacción entre empregadores e posibles empregados serviu para que o sector empresarial derrube prexuízos e falsos estereotipos que historicamente se relacionaron coa síndrome de Down.

A pesar de contar coa formación adecuada e ser traballadores constantes, metódicos e organizados, tan só o 5% das persoas coa síndrome de Down puido demostrar a súa valía; por iso é indispensable contar co apoio e a colaboración do tecido empresarial. Así, grazas a ‘Enreda2’, a conversación e a formulación de diversos xogos, os empresarios puideron coñecer de primeira man as cualidades que estes mozos atesouran, ademais de apreciar os seus valores e as capacidades para o traballo que posúen.

Para presentar esta iniciativa estiveron presentes a Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca; a Concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do Concello de Santiago de Compostela, Concepción Fernández; a Vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, María Dolores Álvarez; o Presidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela, Jesús Asorey; o Director Xeral da Fundación Vodafone España, Santiago Moreno; o Presidente da Fundación Down Compostela e Tesoureiro de Down España, Juan Jesús Martínez. Tamén se contou cos empresarios Ramón Salgado, de “Limpiezas Saglado”, e Chelo Suárez Quintela, de “Multiusos Fontes do Sar”.

Na súa intervención, a Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca, indicou que “a inserción laboral é un traballo de colaboración entre todos”, polo que “para mellorar neste aspecto, na Xunta de Galicia contamos coa iniciativa Axenda 20, que consta de tres retos: emprego de calidade, formación e capacitación e orientación laboral”. Toca concluíu sinalando que “desde a Xunta animamos aos empresarios para ofrecer oportunidades laborais ás persoas con discapacidade”.

En opinión da Concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do Concello de Santiago de Compostela, Concepción Fernández, “debemos traballar en sensibilizar á sociedade contra os prexuízos e as barreiras interpostas á inserción sociolaboral das persoas con discapacidade intelectual”. Para Fernández “o investimento social debe ir orientado á formación e a capacitación dos cidadáns; necesitamos persoas que poidan achegar desde a diversidade á sociedade na que vivimos e conseguir así que sexa máis plural, máis xusta e máis diversa”.

A Vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, María Dolores Álvarez, instou a “abordar a baixa taxa de inserción laboral no colectivo con iniciativas como esta”, xa que “a sociedade ignora a valía das persoas coa síndrome de Down. Contan con ganas e merécense unha oportunidade”.

Pola súa banda, o Presidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela, Jesús Asorey, felicitou ó colectivo “polo seu esforzo” e deu as grazas “ós que fan posible que esteamos hoxe aquí, posto que este tipo de iniciativas son indispensables na nosa sociedade”.

Na súa quenda, o Director Xeral da Fundación Vodafone España, Santiago Moreno, comentou que “é necesario que a Administración Pública, a industria e as empresas impulsen o emprego e asuman riscos”. Ademais, mencionou que “están moi orgullosos e agradecidos de colaborar con Down España neste proxecto”.

O Presidente da Fundación Down Compostela e Tesoureiro de Down España, Juan Jesús Martínez, destacou que “os obxectivos deste proxecto cumpríronse con creces polo alto índice de insercións conseguido”, e mostrouse “agradecido á Fundación Vodafone España por este tipo de iniciativas tan necesarias”.

Por último, os empresarios Ramón Salgado, de “Limpiezas Salgado”, e Chelo Suárez Quintela, de “Multiusos Fontes do Sar”, animaron a todos os empresarios a que fagan un esforzo para contratar a persoas coa síndrome de Down: “Cumpren no traballo con motivación e ganas, e de feito houbo algún cliente que nos felicitou por ter contratadas a dúas persoas con esta discapacidade”. Tamén comentaron que contar con traballadores coa síndrome de Down “está a ser moi gratificante, son perfectamente capaces de levar a cabo as súas tarefas e achegan moitas cousas á empresa ademais do seu bo facer: a súa actitude ante o traballo, a súa puntualidade, ou a súa activa colaboración no bo ambiente laboral”.

O programa “Yo me prep@ro”

O obxectivo do proxecto “Yo me prep@ro” é proporcionar ás persoas con discapacidade intelectual as ferramentas e estratexias necesarias en aspectos crave como o uso adecuado das TIC: programas informáticos, navegación por Internet, acceso a redes bancarias informatizadas ou aplicacións móbiles. Todo co obxectivo de axudarlles a salvar a fenda dixital que lles pode condicionar á hora de atopar un posto de traballo, mellorar a súa autonomía e levar unha vida o máis plena e independente posible.

No ano 2016 recibiron formación en novas tecnoloxías a través deste programa 24 persoas con discapacidade intelectual da Fundación Down Compostela, que adquiriron as competencias necesarias para poder desempeñar un posto de traballo coa normalidade e eficacia de calquera empregado.

Estes alumnos de Santiago de Compostela sumaranse a outros en diversas provincias, alcanzando un total de 240 mozos que recibirán esta formación en toda España. En total serán 10.500 horas formativas apoiadas en sete novos vídeo-tutoriales que, cunha linguaxe sinxela e accesible, detallarán os pasos e instrucións para que os alumnos e alumnas coñezan a fondo o uso de internet, xestionar o correo electrónico ou manexar redes sociais como LinkedIn, entre outras habilidades.

Tras o éxito de anteriores edicións, o proxecto afronta este ano a súa terceira edición a nivel nacional con renovado impulso, pois superou as expectativas tanto no número de prácticas conseguidas como na cifra de contratacións alcanzadas. Desde a súa posta en marcha en 2014, e a pesar das complicadas condicións do mercado de traballo, este programa conseguiu 150 contratos para alumnos coa síndrome de Down.

Como complemento a esta edición, os 480 mozos que participaron nas dúas edicións anteriores do proxecto recibirán un curso de refresco dos seus coñecementos para que actualicen as destrezas adquiridas en novas tecnoloxías aplicadas á vida laboral.

Convenio marco

A realización deste proxecto enmárcase dentro do Convenio Marco subscrito o 8 de novembro de 2013 entre Fundación Vodafone España, Plena Inclusión e Down España para a realización de actividades conxuntas en materia de accesibilidade e inserción laboral que redunden en mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade intelectual.

Este convenio busca fomentar a innovación tecnolóxica aplicada á accesibilidade e fai especial fincapé naquelas iniciativas que contribúan á participación das persoas con discapacidade intelectual no ámbito laboral a través de proxectos piloto de innovación e  sesións formativas e de divulgación.

Entradas relacionadas

Down Compostela presenta en Ecuador o seu programa para a mellora das competencias dixitais
19 Xaneiro, 2023
SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
O Xacobeo ilumina monumentos de Galicia co emblema das entidades Down para apoiar o Día Mundial da Síndrome de Down
18 Marzo, 2022
A Fundación Down Compostela e a Federación Down Galicia organizan un acto conmemorativo polo Día Mundial da síndrome de Down
15 Marzo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}