Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Case 130 persoas usuarias do programa de emprego de Down Galicia contaron cun contrato no 2016

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Case 130 persoas usuarias do programa de emprego de Down Galicia contaron cun contrato no 2016

24 Xaneiro, 2017

» Case 130 persoas usuarias do programa de emprego de Down Galicia contaron cun contrato no 2016

Un total de 127 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, participantes no programa de Emprego con Apoio da Federación Down Galicia, contaron polo menos cun contrato de traballo en empresas ordinarias da súa contorna no pasado ano. Este dato supón que un 68% das persoas que conforman este programa tiveron acceso a un posto de traballo neste período.

Grazas a estas experiencias, os traballadores e traballadoras puideron adquirir experiencia en postos tan variados como presentador dun programa de televisión, auxiliar de masaxista, recepcionista, celador, técnico en educación infantil ou especialista na sección de electricidade dunha empresa de automoción, entre moitos outros.

En canto á distribución por localidades, obsérvase que na zona de Vigo foron 50 as persoas que traballaron neste ano 2016, 16 en Pontevedra, 15 en Compostela e A Coruña, 12 en Ferrol e Ourense e 7 en Lugo.

Non obstante, o principal escollo para o colectivo de persoas con discapacidade intelectual segue a ser a inestabilidade e a temporalidade nas contratacións. Deste xeito, as 127 persoas que tiveron unha oportunidade laboral neste ano 2016 contaron cun total de 161 contratos, o que pon de manifesto a curta duración das contratacións en moitos dos casos.

O contrapunto vén da man das contratacións indefinidas, xa que, nestes intres, 59 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual do programa de emprego das entidades Down en Galicia gozan da tranquilidade que outorga este tipo de contrato grazas ó seu bo facer nos seus postos de traballo.

Destaca tamén o elevado número de prácticas laborais realizadas polos usuarios e usuarias das entidades Down en Galicia (97), coas que reforzan a súa motivación cara o emprego e melloran as súas habilidades socio-laborais.

O programa de Emprego con Apoio de Down Galicia contou no pasado ano con 191 persoas participantes. Cabe destacar que a Federación conseguiu nos últimos cinco exercicios que máis do 68% das persoas usuarias deste programa tivesen unha oportunidade laboral, demostrando deste xeito a utilidade e aceptación desta metodoloxía entre o tecido empresarial privado.

Sen embargo, aínda que se constata que os datos seguen unha tendencia ascendente desde hai uns anos, o acceso a un posto de traballo de forma normalizada segue a ser un dos grandes retos das entidades que traballan a prol da inclusión laboral na empresa ordinaria.

 A metodoloxía Emprego con Apoio

Desde o ano 2002, as entidades Down en Galicia desenvolven o programa Emprego con Apoio, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual atopan á hora de intentar acceder ao mercado laboral ordinario.

Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que o traballador ou traballadora poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de xeito positivo e natural.

Paralelamente, as entidades Down realizan un labor de prospección laboral co fin de dar a coñecer esta iniciativa entre o tecido empresarial e acadar a súa colaboración por medio de contratos e/ou prácticas formativas. Neste sentido, a participación e a cada vez maior presenza das persoas con discapacidade intelectual nas empresas ordinarias contribúe de xeito eficaz a desterrar os tópicos que tradicionalmente se lles atribúen a este colectivo, resultando un xeito sumamente eficaz de inclusión social.

Entradas relacionadas

O Goberno facilita a xubilación anticipada das persoas con discapacidade superior ao 45%
25 Maio, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
A Deputación da Coruña volve colaborar con Down Galicia en dous proxectos na provincia
30 Marzo, 2023
Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}