Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O 8 de febreiro únete á concentración para reclamar o dereito a votar das persoas con discapacidade!!

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O 8 de febreiro únete á concentración para reclamar o dereito a votar das persoas con discapacidade!!

2 Febreiro, 2017

» O 8 de febreiro únete á concentración para reclamar o dereito a votar das persoas con discapacidade!!

O próximo 8 de febreiro, o movemento asociativo da discapacidade do noso país alzará a voz para denunciar unha grave situación discriminatoria: a revogación do dereito ao voto das persoas con discapacidade. Será ás 11h. fronte ao Tribunal Constitucional (c/ Domenico Scarlatti, 6. Madrid) e queremos que nos acompañe o maior número de cidadáns posible.

O pasado mes de decembro coñecemos a recente decisión do Tribunal Constitucional de ignorar o dereito ao voto das persoas con discapacidade intelectual. Ese fallo do Constitucional parte dun recurso que presentou a familia de Mara, unha moza galega de 20 anos con discapacidade intelectual á que se lle denegou o seu dereito ao sufraxio.

O seu caso non é moi distinto do das outras 100.000 persoas que no noso país están na súa mesma situación: o ano pasado os seus pais solicitaron unha incapacitación parcial, pero “respectándolle os seus dereitos personalísimos”, entre os que se atopa a posibilidade de votar. Lamentablemente, primeiro o xulgado de Santiago e máis tarde a Audiencia Provincial e o Tribunal Supremo ditaron sentenza revogándolle o seu dereito ao voto. A familia recorreu en última instancia ao Constitucional. Hai un mes este órgano decidiu rexeitar o recurso, reafirmando así a sentenza que priva a Mara de poder votar en eleccións.

Trátase dunha decisión que senta un precedente que afectará ás case 100.000 persoas con discapacidade intelectual que se atopan nesta mesma situación. Evitando pronunciarse, o Constitucional situouse en contra do dereito ao voto destas persoas.

Por ese motivo, a Federación uniu forzas co CERMI e con Plena Inclusión, e xuntas pretendemos concentrar ao movemento asociativo do país e reunir o próximo 8 de febreiro ás 11h. a unha ampla representación do colectivo da discapacidade fronte a Tribunal Constitucional. Desde aquí, queremos convidar a todo o mundo a participar neste acto, e a sumar a súa voz á da nai de Mara, Mar Caamaño, que encabezará a concentración para denunciar esta situación. Ademais, creamos un manifesto en Lectura Fácil que se lerá alí e que reclama o dereito ao voto. Podes velo aquí.

Lembra, o 8 de febreiro ás 11h. únete á concentración fronte ao Tribunal Constitucional (c/ Domenico Scarlatti, 6. Madrid) polo dereito para votar das persoas con discapacidade. Esperámoste! E convidámoste a usar o hashtag #MiVotoCuenta para difundir esta información e facer forza nas redes sociais.

Entradas relacionadas

Vacinación contra a gripe estacional e COVID-19 para as persoas coa síndrome de Down
18 Setembro, 2023
Aberto o prazo de inscrición do Encontro Nacional de Familias de persoas coa síndrome de Down
26 Xuño, 2023
Aberto o prazo de inscrición para o próximo Encontro Nacional de Irmáns de persoas coa síndrome de Down de Down España
19 Abril, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
As entidades Down de España lanzan a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más” para o Día Mundial da Síndrome de Down
10 Marzo, 2023
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}