Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A recente sentenza do Constitucional sobre o IRPF podería deixar a sete millóns de persoas nun “limbo administrativo”

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A recente sentenza do Constitucional sobre o IRPF podería deixar a sete millóns de persoas nun “limbo administrativo”

6 Febreiro, 2017

» A recente sentenza do Constitucional sobre o IRPF podería deixar a sete millóns de persoas nun “limbo administrativo”

Fai menos dun ano, as entidades sociais aplaudían a sentenza do Tribunal Supremo que garantía ás entidades de ámbito estatal a distribución de fondos derivados do 0,7% de IRPF destinado ás actividades das organizacións do Terceiro Sector.

Agora, en recente sentenza, o Tribunal Constitucional deu parcialmente a razón á Generalitat de Cataluña cando recorreu esta convocatoria, e establece que eses fondos deben xestionalos as autonomías. Ponse así en perigo novamente, a atención en igualdade de condicións que reciben actualmente miles de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual a través do movemento asociativo de Down España.

Por este motivo, a Plataforma do Terceiro Sector reuniu ás principais entidades de acción social do país para analizar a situación e acordar unha posición de consenso que permita estudar posibles vías de solución.

A Plataforma, en nome das devanditas entidades, manifesta que a atención ás persoas en situación de exclusión social non pode estar constantemente en perigo, sen saber se os proxectos dos que dependen terán ou non continuidade no exercicio seguinte. Os proxectos actualmente en marcha, e os máis de sete millóns de persoas aos que se atende por medio deles, non poden quedar nun “limbo administrativo” que impacte negativamente nunha importante parte da acción social española.

A desaparición dos fondos derivados do 0,7% de IRPF supoñería unha “ferida de morte” para o sector que se vería abocado a reducións drásticas de estrutura.

Por iso, necesítase unha aposta clara e decidida por un sistema que ofreza garantías de continuidade e estabilidade ao Terceiro Sector. Un novo sistema de distribución deste exercicio de democracia directa e solidariedade cidadá que supón que os contribuíntes destinen libremente o 0,7% dos seus impostos para apoiar ás persoas que máis o necesitan.

Neste empeño, a Plataforma mantivo varias reunións co Goberno, nas que lle trasladou a necesidade de actuar con urxencia e adoptar medidas que garantan a estabilidade do sector.

Aínda que se constituíron distintos grupos de traballo para tratar o asunto, será na reunión da Comisión para o Diálogo Civil do próximo 9 de febreiro onde se aborde a cuestión en profundidade e se expoñan diferentes opcións que preserven a solidariedade e cohesión territorial.

Down Galicia, a través de Down España, suma a súa voz á da Plataforma do Terceiro Sector e defende a pertinencia dun sistema que aproveite o potencial das entidades sociais para garantir a solidariedade territorial e reequilibrar a atención social no noso país, como viñeron facendo durante os máis de 30 anos de vixencia do modelo de repartición actual.

Entradas relacionadas

Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Vacinación contra a gripe estacional e COVID-19 para as persoas coa síndrome de Down
18 Setembro, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
17 Xullo, 2023
Down Galicia será a entidade beneficiaria do Festival de la Luz 2023
13 Xullo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}