Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

CERMI Galicia denuncia a situación de exclusión inxustificable na que continúan as mulleres con discapacidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

CERMI Galicia denuncia a situación de exclusión inxustificable na que continúan as mulleres con discapacidade

8 Marzo, 2017

» CERMI Galicia denuncia a situación de exclusión inxustificable na que continúan as mulleres con discapacidade

O Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia), con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller este 8 de marzo, volveu a denunciar a situación de exclusión inxustificable na que continúan as mulleres con discapacidade, a pesar de que se trata dun sector social de 2,5 millóns de persoas en toda España (o 60% da cidadanía con discapacidade).

Deste xeito, CERMI Galicia súmase ao manifesto da Fundación CERMI Mulleres (FCM) e do CERMI Estatal, que publicaron un manifesto no que chaman a todas as mulleres con discapacidade e ao tecido asociativo da discapacidade para secundar o paro que diferentes organizacións de mulleres convocaron para este mércores en decenas de países ás 12.00, co fin de que tamén se visibilicen as necesidades e demandas das mulleres e nenas con discapacidade. Este manifesto tamén se atopará  dispoñible en versión accesible (braille, lectura fácil, pictogramas e lingua de signos).

En materia de emprego, as mulleres con discapacidade denuncian que a súa exigua presenza no mercado laboral vese afectada por unha importante brecha salarial en comparación cos salarios que perciben os homes con discapacidade, e sobre todo, a poboación sen discapacidade. Por iso, reclama loitar contra este problema e urxe a que se valore a achega que realizan as mulleres con discapacidade no ámbito produtivo e reprodutivo. “Ter independencia económica e ver recoñecida e promocionada a nosa autonomía persoal son eixos crave para nosa total emancipación”, recolle o manifesto da FCM.

Nesta liña, a FCM asegura que a Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, concibida no seu día como un novo alicerce do estado de benestar e como pedra angular dunha nova política dos coidados, acabou converténdose nun sistema en declive continuo, que soamente conseguiu manter parte da súa vixencia a través, unha vez máis, do traballo invisible e precarizado que realizan as mulleres, incluíndo as que teñen discapacidade, na esfera do doméstico.

Por iso, pide que se alcance un pacto de estado que revitalice este sistema, que é fundamental para as mulleres en situación de dependencia, especialmente se están a sufrir unha situación de violencia.

 

VIOLENCIA MACHISTA

A FCM lamenta, por outra banda, que “as mulleres con discapacidade somos tamén parte desas mulleres que sofren violencia de xénero, pero que cando damos un paso para saír dese inferno, seguímonos atopando coa inexistencia de recursos adecuados que dean resposta ás nosas necesidades: casas de acollida inaccesibles, obstáculos engadidos para acceder á xustiza, profesionais que descoñecen a nosa realidade e incredulidade e sospeita en relación aos nosos testemuños”. Ademais, a entidade critica tamén a situación á que teñen que facer fronte as nais vítimas de violencia con fillas e fillos con discapacidade.

Así, a FCM esixe que “o pacto de estado que está a se discutir actualmente inclúa un enfoque interseccional que tome en consideración a nosa realidade como mulleres, e ademais, que estea adecuadamente dotado de orzamento. Sen investimento nesta materia o único que conseguiremos é seguir dando pasos cara atrás”.

Igualmente, “esiximos aos nosos representantes políticos que acaben dunha vez por todas co recoñecemento legal das esterilizacións forzadas no noso ordenamento xurídico, que envía, a través dos procedementos de incapacitación legal, a un  limbo xurídico a miles de mulleres no noso país, provocándolles a súa total morte civil”.

Por todas estas razóns, o manifesto recolle que “non podemos máis que alzar a nosa voz para reivindicar neste 8 de marzo o noso espazo como cidadás activas, como mulleres que se enfrontan de xeito cotiá a unha infinidade de obstáculos que dimanan da vixencia de estereotipos e falsos mitos acerca do que significa ser unha muller con discapacidade nesta sociedade “capacitista e patriarcal”.

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe garantir a efectividade da participación política das persoas con discapacidade
3 Maio, 2023
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda cun gran X na Praza da Quintana
3 Abril, 2023
Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade
19 Outubro, 2022
A ONU reclama o fin do emprego segregado de persoas con discapacidade para garantir o seu dereito a un traballo digno
14 Setembro, 2022
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
31 Agosto, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}