Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Pontevedra “Xuntos” prepara un mosaico na cidade para conmemorar o Día Mundial da síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Pontevedra “Xuntos” prepara un mosaico na cidade para conmemorar o Día Mundial da síndrome de Down

10 Marzo, 2017

» Down Pontevedra “Xuntos” prepara un mosaico na cidade para conmemorar o Día Mundial da síndrome de Down

Down Pontevedra “Xuntos” está a preparar, coa axuda de outras entidades sociais da cidade, un mosaico feito con pequenas pezas de azulexo para conmemorar o Día Mundial da síndrome de Down. A parede escollida, cedida polo Concello de Pontevedra, está situada na Avenida das Corvaceiras, baixo a Ponte da Barca, e o debuxo representará unha ponte, símbolo da cidade e fará alusión a Down Pontevedra e ao Día Mundial.

Esta bonita iniciativa naceu trala proposta do artista de O Barco de Valdeorras, Gerardo Rodríguez “Chere”, para colaborar coa asociación pontevedresa. O barquense leva consigo unha gran bagaxe neste tipo de obras de arte urbanas, entre as que destaca o mosaico realizado no IES Bouza Brey de máis de 130 metros cadrados.

Manuel Pérez Cabo, presidente de Down Pontevedra “Xuntos” salienta “a colaboración de moitos veciños e veciñas da cidade para que este proxecto se faga realidade”. E é que na realización desta obra, que deu comezo o pasado luns 6 de marzo e que se estenderá ata o vindeiro 17 deste mes, están a participar outras asociacións sociais da cidade lo Lérez, ademais de colexios, institutos e asociacións de veciños.

No día de hoxe estiveron colaborando na creación deste mosaico persoas usuarias, profesionais e membros da Xunta Directiva de Xuntos, persoas usuarias da Organización ONCE en Pontevedra, membros da AA.VV. Castelao,  xogadores do club de balonmán SD Teucro e mesmo a concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces.

Esta acción queda englobada dentro da batería de actividades que Down Pontevedra “Xuntos” ten preparadas para a conmemoración do seu XXV aniversario e do Día Mundial da síndrome de Down, en colaboración coa Federación Down Galicia. Destaca o acto central na Praza da Pedreira, xunto ao Pazo de Mugartegui, onde terán lugar a actuación do grupo pontevedrés Vörtex, a lectura do Manifesto pola Autonomía persoal, a entrega do IV Premios Down Galicia e as intervencións dos presidentes de Xuntos e Down Galicia, do alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, da deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rosa Rivas; e, previsiblemente, do Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

Ademais, durante o propio 21 de marzo poderemos gozar dunha exposición fotográfica sobre o traballo que realiza diariamente Xuntos ou impoñernos ós estereotipos que existen sobre as persoas coa síndrome de Down no Labirinto “No camiño da inclusión”, que estará instalado na Praza da Ferrería.

Nacións Unidas aprobou en novembro de 2011 a declaración do 21 de marzo como Día Mundial da síndrome de Down. Establécese esta data, o 21 de marzo [21/03] como un símbolo, en referencia á triplicación [trisomía] do cromosoma 21 que se traduce na condición xenética da síndrome de Down.

Entradas relacionadas

Xuntos e a corporación municipal reivindican a importancia da inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Distribuciones Froiz contrata a catro persoas da bolsa de emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
27 Decembro, 2022
A curta “Felisa e Manolo”, creada por membros de Xuntos, acada o primeiro premio do concurso “Curtas D-Medo” do Concello de Barro
9 Novembro, 2022
Mozos e mozas de Xuntos retoman o seu voluntariado na protectora Os Palleiros tralo parón pola COVID
16 Xuño, 2022
Xuntos invita á sociedade pontevedresa a sacar fotos pola inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
22 Marzo, 2022
A Deputación de Pontevedra colabora de novo na inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}