Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Mónica Otero: “Premiamos ás persoas e entidades que nos axudan a construír unha sociedade máis xusta”

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Mónica Otero: “Premiamos ás persoas e entidades que nos axudan a construír unha sociedade máis xusta”

21 Marzo, 2017

» Mónica Otero: “Premiamos ás persoas e entidades que nos axudan a construír unha sociedade máis xusta”

Mónica Otero reivindicou esta noite os dereitos das persoas coa Síndrome de Down e animou aos asistentes á gala de entrega dos Premios Down Compostela a “tomar conciencia de que sen a vosa axuda, a normalización da vida das persoas con discapacidade nunca será completa”. “Hoxe queremos premiar ás persoas e entidades que nos axudan cada ano para construír unha sociedade máis xusta”, asegurou esta moza de doce anos ao principio do acto.

Máis de 200 persoas acudiron á gala celebrada no Hostal dos Reis Católicos, co que Down Compostela conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down. No acto, ao que asistiron o presidente do Parlamento galego, o alcalde de Santiago, o Director Xeral de Asistencia Sanitaria, a Directora Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade e a Secretaria Xeral de Emprego, entre outros, recoñeceuse o traballo e a implicación do Colexio Divino Maestro, a empresa  Xade (que xestiona o Multiusos Fontes do Sar) e de Carmen Barbeito para favorecer a integración educativa, laboral e social das persoas coa Síndrome de Down.

Reproducindo o lema da campaña que puxo en marcha Down España este ano, o presidente de Down Compostela, Juan Martínez, pediu que se “cambie a mirada sobre a Síndrome de Down para conseguir unha sociedade inclusiva de verdade, na que ninguén se sinta marxinado”. No seu discurso destacou as primeiras oposicións que a Xunta convoca para persoas con discapacidade intelectual (que comezan o 8 de abril) e animou ao Concello de Santiago e a outras administracións a tomar exemplo e a facilitar o acceso ao emprego público ás persoas con discapacidade intelectual.

Juan Martínez mostrou a preocupación do colectivo porque o sistema educativo dea un paso atrás na inclusión de alumnos con necesidades educativas especiais, debido á LOMCE, e polo dereito ao voto das persoas con discapacidade intelectual. “Tamén nos preocupa que moitas persoas con discapacidade intelectual non poidan votar en España, porque os nosos políticos non fan ben o seu traballo e non se poñen de acordo para modificar unha lei electoral que incumpre a Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade”, afirmou o presidente de Down Compostela

A Gala

No transcurso da gala, á que asistiron máis de 200 persoas, Mónica Otero e Eva Millán presentaron un vídeo no que se resume o proxecto de vida independente que ten en marcha Down Compostela.

Adrián Cutrín dixo sentirse un “mozo con sorte” porque hai máis de dous anos empezou a traballar no Multiusos Fontes do Sar co seu amigo Juan Carlos Castiñeiras. “Estamos moi contentos porque nos gusta o noso traballo e, ademais, en novembro fixéronnos un contrato indefinido”, dixo. “Xade deunos esta oportunidade e nós soubemos aproveitala. Por iso demostramos cada día o importantísimo que é para as persoas con discapacidade intelectual ter un emprego e poder ser independentes”, engadiu Adrián.

Juan Carlos Castiñeiras fixo entrega do Premio Down Compostela 2017 ao presidente do consello de administración de Xade, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega.

David Aldrey deu as grazas aos seus compañeiros e aos profesores do Colexio Divino Maestro. “Son estudante de ESO no Divino Maestro. Os nosos profes buscan formas para que todos podamos aprender xuntos”. Marta López foi a encargada de entregarlle o Premio Down Compostela 2017 á directora do centro, María do Pilar Garea Rodríguez.

Daniel Martínez presentou o premio outorgado a Carmen Barbeito, “unha muller grazas á cal puidemos realizar proxectos tanto para os pequenos da nosa fundación como para os que xa nos estamos formando no ámbito laboral”. Daniel destacou a “dedicación e capacidade” da homenaxeada para “buscar apoios” entre os seus compañeiros do BBVA. “Fixeches posible que entre todos vaiamos camiñando cara a un mundo máis xusto para todos nós. Persoas como ti son moi importantes para o noso colectivo”, engadiu, antes de que Pepa Lockhart entregara o Premio Down Compostela 2017 a Carmen Barbeito Manteiga.

Tras a entrega de premios, o Grupo de Teatro Down Compostela presentou un avance da súa nova obra de teatro: “Arturo, Arthur, Artur”. A estrea da mesma será o próximo 17 de xuño no Salón Teatro. Baixo a dirección de Lucas Herrador, o Grupo de Teatro Down Compostela representou xa oito obras.

Pola súa banda, Cristina Villar, animou aos presentes para asistir o mércores, 22 de marzo, ao partido solidario que organiza a empresa Cenor, e no que xogadores do Obradoiro, Compostela e Santiago Futsal “disputarán un torneo no que veremos a xogadores de baloncesto xogar ao fútbol e viceversa. Será moi divertido”, asegurou. O torneo disputarase no polideportivo de Santa Isabel ás 20.00 horas e o prezo da entrada é de 5 euros. Todo o diñeiro recadado será entrega a Down Compostela para financiar os seus proxectos.

Entradas relacionadas

Down Compostela presenta en Ecuador o seu programa para a mellora das competencias dixitais
19 Xaneiro, 2023
SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
O Xacobeo ilumina monumentos de Galicia co emblema das entidades Down para apoiar o Día Mundial da Síndrome de Down
18 Marzo, 2022
A Fundación Down Compostela e a Federación Down Galicia organizan un acto conmemorativo polo Día Mundial da síndrome de Down
15 Marzo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}