Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

As persoas coa síndrome de Down alzan a súa voz no Día Mundial da síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

As persoas coa síndrome de Down alzan a súa voz no Día Mundial da síndrome de Down

22 Marzo, 2017

» As persoas coa síndrome de Down alzan a súa voz no Día Mundial da síndrome de Down

A Praza da Pedreira de Pontevedra foi o escenario escollido pola Federación Down Galicia e por Down Pontevedra “Xuntos” para conmemorar un novo Día Mundial da Síndrome de Down. Baixo o lema “Incluír é construír”, as persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual reclamaron, un ano máis, os seus dereitos e defenderon a riqueza dunha sociedade diversa e plural.

Neste día, no que tamén se conmemoraba o XXV aniversario de Down Pontevedra “Xuntos”, as verdadeiras protagonistas foron as persoas coa síndrome de Down, que reivindicaron que “a sociedade debe respectar a cada persoa porque todos temos as nosas virtudes e os nosos defectos. Iso é precisamente o que nos fai diferentes e iguais ó mesmo tempo”.

Os encargados de conducir o acto institucional foron Ángeles Sabarís e Pedro García, mentres que Miguel Pérez foi o encargado de dar lectura ó Manifesto pola Autonomía Persoal. Todos eles, membros de Down Pontevedra “Xuntos” fixeron fincapé en que queren “que a xente comprenda que a diversidade nos fai medrar como sociedade  e que nos fai ser  mellores”.

No acto tamén interviron a Deputada de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra, Digna Rosa Rivas Gómez; o Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; e os presidentes de “Xuntos”, Manuel Pérez Cabo, e de Down Galicia, Delmiro Prieto González.

O presidente de Down Galicia aproveitou a primeira parte da súa intervención para poñer de manifesto a necesidade de que o marco legal estatal se axuste máis á Convención Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade aprobada polas Nacións Unidas en 2006. Neste sentido, aproveitou a presenza institucional dos representantes autonómicos e municipais para solicitar implicación ante estas cuestións, ao tempo que agradeceu toda a colaboración recibida para poñer en valor as capacidades das persoas coa síndrome de Down e facelas máis visibles. Prieto finalizou a súa intervención salientando que “é necesario que todos e todas recordemos que as persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, ao igual que o resto da cidadanía, son suxeitos de dereitos e non obxectos pasivos ou necesitados de compaixón”.

Pola súa parte, o presidente de Down Pontevedra “Xuntos”, Manuel Pérez Cabo, fixo fincapé en que “o camiño percorrido foi longo e non sempre cómodo” e resaltou que “houbo moito que loitar e aínda é necesario facelo hoxe en día, tanto coas diferentes administracións como coa sociedade en xeral, para que permitan que as persoas coa síndrome de Down poidan seguir avanzando nas súas metas e na súa propia autonomía”.

 

Premios Down Galicia

Down Galicia entregou, nesta edición, os IV Premios Down Galicia, que teñen por obxecto recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía e igualdade das persoas coa síndrome de Down, realizado tanto por institucións e entidades como por persoas particulares.

O premio na categoría institucional foille concedido ó IES Montecelo pola traxectoria amosada ó longo dos anos no apoio á inclusión do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual e pola colaboración continua do profesorado dos seus ciclos formativos cos programas e actividades que Xuntos leva a cabo. Mentres, na categoría de persoa particular, o galardón foille concedido a Ángel Barreiro García, pola súa continua e inestimable axuda e colaboración para a realización da Gala anual da asociación desde os seus inicios.

O premio consiste nun recoñecemento simbólico e na entrega dunha figura representativa da imaxe Down realizada polo artesán galego Fernando Porto.

 

Iluminación dos principais monumentos de Galicia

Os principais monumentos das sete grandes cidades de Galicia conmemoraron onte o Día Mundial da síndrome de Down. A Torre de Hércules, o Hostal dos Reis Católicos, o Pazo de Fonseca, a Cidade da Cultura, os concellos de Ferrol, Pontevedra e Santiago de Compostela, as Fonte de Catro Camiños en A Coruña e as da Rúa Aragón en Vigo, os edificios das Deputacións de Lugo e Pontevedra, o edificio do Fogar de Santa María en Lugo ou as Burgas de Ourense serán iluminados de azul na tarde-noite deste martes 21 de marzo.

Nacións Unidas aprobou en novembro de 2011 a declaración do 21 de marzo como Día Mundial da síndrome de Down. Establécese esta data, o 21 de marzo [21/03] como un símbolo, en referencia á triplicación [trisomía] do cromosoma 21 que se traduce na condición xenética da síndrome de Down.

 

‘#XTUMIRADA’, a campaña de sensibilización de Down España

‘#XTUMIRADA’ é a campaña de sensibilización nacional coa que Down España quere cambiar a forma en que a sociedade percibe ás persoas coa síndrome de Down. A súa intención é que todo o mundo aprenda a ver a este colectivo sen prexuízos nin estereotipos, comprendendo que estas persoas só teñen unha discapacidade, pero que cos apoios axeitados poden levar a cabo calquera meta que se propoñan: estudar, practicar deporte, aprender un oficio, traballar e levar o tipo de vida que elixan.

‘XTUMIRADA’ conta co apoio de 150 recoñecidas personalidades do mundo do cinema, a música, a televisión e o deporte do noso país. Rostros coñecidos como Dani Rovira, Iker Casillas, Maribel Verdú, Antonio Orozco, Vanesa Romero, Sergio Dalma ou Pedro Piqueras, que intercambiaron a súa mirada coa dunha persoa coa síndrome de Down para animar a que se produza un cambio real na forma en que a sociedade ve ao colectivo. Os seus retratos coa nova mirada viron a luz nunha magnífica e impactante mostra de fotografías que se inaugurou onte en Madrid, e que estará aberta ao público de forma gratuíta no edificio Castellana 81 desde o 22 de marzo ata o 7 de abril.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Xuntos e a corporación municipal reivindican a importancia da inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}