Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Entidades sociais galegas presentan “Rentaterapia”, a campaña a favor de marcar o X Solidario na declaración da renda

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Entidades sociais galegas presentan “Rentaterapia”, a campaña a favor de marcar o X Solidario na declaración da renda

7 Abril, 2017

» Entidades sociais galegas presentan “Rentaterapia”, a campaña a favor de marcar o X Solidario na declaración da renda

As entidades do terceiro sector galego, representadas por EAPN-Galicia, CERMI-Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD, reuníronse esta mañá en Santiago para facer balance das cifras recadadas o ano pasado en Galicia mediante a asignación do 0,7% do IRPF ao recadro de Fins Sociais (Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social). Na rolda de prensa presentouse tamén a campaña do X Solidario deste ano, “RENTATERAPIA”, que informa e anima ás persoas contribuíntes para que marquen o recadro de Fins Sociais á hora de facer a súa declaración da renda.

A vicepresidenta de EAPN-Galicia, Mónica Permuy, abriu o acto explicando que “cando se fai a declaración da renda existen catro posibilidades: marcar o recadro de Fins Sociais, marcar o recadro de Fins Sociais e o da Igrexa Católica, marcar só o cadro da Igrexa Católica ou non marcar ningún recadro. O que pretendemos con esta campaña, é animar á xente a que marque o recadro de “Actividades de interese xeral”, porque non estaremos pagando máis impostos, nin recibiremos menos cartos no caso de devolución: o que faremos será contribuír á organización de programas e proxectos para as persoas en risco de exclusión social.”

“Trátase dun dereito que temos: escoller a onde van a parar os nosos impostos.”Lorena Seijo, representante da Coordinadora Galega de ONGD, realizou un balance das cifras recadadas a través do recadro Fins Sociais durante a declaración da renda presentada o ano pasado en Galicia. Seijo apuntou que “un 55% das persoas contribuíntes en Galicia marcaron o recadro de “Actividades de interese social”. Trátase de 7.320 persoas máis que en 2015. Aínda así, temos 560.237 persoas que seguen sen marcar a X Solidaria (un total de 416.104 non marcaron ningún recadro e 144.133 só marcaron o da Igrexa). Se todas as persoas que non marcan nada optaran por participar, recadaríamos en Galicia un total de 25,5 millóns de euros (10,7 millóns máis)”

Pola súa banda, o vicepresidente e tesoureiro do CERMI-Galicia, Elías Palacio Verdini, enumerou os múltiples programas que se veñen beneficiando cada ano grazas á X Solidaria, “cada vez que unha persoa marca a X Solidaria na súa declaración da renda, está a colaborar para que as persoas en situación máis vulnerable poidan ter unha oportunidade de saír adiante. De aí a importancia de campañas coma esta para as nosas entidades”.

Neste sentido, Elías Palacio destacou a importancia que as entidades lle outorgan á transparencia nestes datos, “queremos apuntar que existe unha total transparencia por parte das ONG á hora de xestionar os proxectos que se realizan. O diñeiro recadado destínase integramente a proxectos concretos que se presentaron previamente ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e en ningún caso se destina ás estruturas das entidades”.

O vicepresidente do CERMI recalcou para finalizar que “Marcar a X Solidaria non custa nada. Nin pagas máis, nin che devolverán menos, e ademais é importante recalcar que pódense marcar ambos os recadros (o da Igrexa e o de Fins Sociais) duplicando así a solidariedade: ambas asignacións suman 0,7+0,7= 1,4%”

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
CERMI Galicia expón as principais reivindicacións das persoas con discapacidade ante o Parlamento de Galicia
12 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
8 de marzo de 2022: Vinte e cinco anos de conquistas e reivindicación
8 Marzo, 2022
Down España recada fondos para axudar a familias de persoas coa síndrome de Down de Ucraína
4 Marzo, 2022
Xunta, FEGAMP e Terceiro Sector asinaron a nova Axenda Social Única de Galicia
4 Xaneiro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}