Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Fundación Mapfre presenta en Lugo o seu Programa Social de Emprego, destacando o caso de éxito de Sabela

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Fundación Mapfre presenta en Lugo o seu Programa Social de Emprego, destacando o caso de éxito de Sabela

27 Abril, 2017

» Fundación Mapfre presenta en Lugo o seu Programa Social de Emprego, destacando o caso de éxito de Sabela

Fundación MAPFRE presentou hoxe ás empresas de Lugo o seu programa social de emprego, que ten como obxectivo promover e impulsar o emprego entre os colectivos máis vulnerables da sociedade. Para iso contou co inestimable apoio do Grupo de Networking empresarial BNI Lugo.

Este novo programa engloba as distintas iniciativas levadas a cabo pola entidade para fomentar a contratación, impulsar a formación de persoas en procura de emprego, axudar aos mozos para enfocar o seu futuro profesional e mellorar as habilidades sociais. Tamén promove a integración de colectivos en risco de exclusión social, como as persoas con discapacidade, inmigrantes, refuxiados e vítimas de violencia de xénero.

D. José María Rañón Pezeux, Director de MAPFRE en Lugo, fixo referencia a Accedemos. Esta convocatoria de axudas ao emprego cumpre a súa quinta edición e pon a disposición de pequenas empresas, autónomos e entidades sociais un total de 500 axudas, dirixidas a apoiar a contratación de persoas maiores de idade que leven como mínimo tres meses en situación legal de desemprego. Cada empresa pode recibir ata un máximo de 4.500 euros pola persoa contratada (500 euros netos ao mes durante 9 meses), contribuíndo así á creación de postos de traballo.

“Este programa”, indicou, “representa unha magnífica oportunidade para colaborar con aqueles colectivos que máis dificultades atopan á hora de acceder a un posto de traballo”. Nesta liña, tamén destacou os resultados de Juntos Somos Capaces, un programa de integración de persoas con discapacidade intelectual e enfermidade mental, que desde 2010 fixo posible que máis de 2.500 persoas que forman parte deste colectivo, en risco de exclusión social e desemprego de longa duración, consigan un posto de traballo e o leven a cabo con plena autonomía.

A empresa lucense AMSlab, a través de D. Manuel Lolo Aira e Dª. Sandra Pedreira García, CEO e Xerente da empresa respectivamente, presentaron un caso de éxito onde unha traballadora lucense, con discapacidade intelectual, foi incorporada ao seu persoal. Esta incorporación contou co apoio dunha preparadora laboral da entidade social DOWN Lugo, destacada colaboradora do Programa Juntos Somos Capaces.

Entradas relacionadas

A Deputación de Ourense colabora no proxecto Emprego Con Apoio de Down Galicia na provincia
28 Novembro, 2023
Tres mulleres de Xuntos acadan un posto de traballo en empresas da comarca de Pontevedra
24 Novembro, 2023
Máis de 500 persoas recibiron formación no programa integrado para o fomento da empregabilidade de persoas vulnerables no que participou a Federación
15 Novembro, 2023
Máis de mil cincocentas accións desenvoltas no Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia, que atende a 249 persoas demandantes
24 Outubro, 2023
Down Galicia organiza a primeira xuntanza autonómica de irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
2 Outubro, 2023
Down Galicia lanza unha actualización da súa guía con normas e recomendacións sobre lectura fácil
27 Setembro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}