Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Persoas usuarias de entidades Down en Galicia acreditan a súa participación no proxecto de preparación de oposicións da Federación

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Persoas usuarias de entidades Down en Galicia acreditan a súa participación no proxecto de preparación de oposicións da Federación

28 Abril, 2017

» Persoas usuarias de entidades Down en Galicia acreditan a súa participación no proxecto de preparación de oposicións da Federación

Esta mañá, 32 persoas usuarias de entidades Down en Galicia recibiron no Edificio administrativo de San Caetano, sede da Xunta de Galicia, un diploma acreditativo da súa participación no proxecto “Formación e preparación de oposicións autonómicas e estatais para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” da Federación Down Galicia.

O acto, presidido polo Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e pola Directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,
María Amparo González Méndez, contou coa participación de persoas usuarias de varias entidades do ámbito social, participantes das distintas accións formativas financiadas pola propia Consellería a través das subvencións destinadas para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

O proxecto de preparación de oposicións autonómicas e estatais levado a cabo polas entidades Down e a Federación, e na que participaron 58 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual de toda Galicia, tivo como principal obxectivo garantir aos participantes a adquisición e mellora das competencias necesarias para presentarse a un proceso de oposición e superalo con éxito. Esta acción formativa contou co financiamento da Consellería de Política Social e do Fondo Social Europeo, que achegaron un total de 59.900,88€ para a súa realización.

A inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual e síndrome de Down é un proceso complexo. Este proxecto dálle aos seus participantes a oportunidade de adquirir coñecementos e ferramentas que lles permitan ter a posibilidade de dispoñer dun traballo fixo, mellorando así a súa calidade de vida.

Desde Down Galicia non queremos deixar de destacar que este tipo de convocatorias son un gran avance, pois permiten financiar proxectos formativos orientados á adquisición de formación prelaboral e de habilidades para o desenvolvemento de actividades na vida cotiá, permitindo deste xeito unha preparación para unha futura inserción sociolaboral.

Entradas relacionadas

O Goberno facilita a xubilación anticipada das persoas con discapacidade superior ao 45%
25 Maio, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
A Deputación da Coruña volve colaborar con Down Galicia en dous proxectos na provincia
30 Marzo, 2023
Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}