DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Down Galicia e Política Social asinan un convenio para o mantemento da Federación e os seus programas de autonomía persoal

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Down Galicia e Política Social asinan un convenio para o mantemento da Federación e os seus programas de autonomía persoal

Firma Convenio

Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, e José Manuel Rey Varela, Conselleiro de Política Social, asinaron esta mañá no Edificio Administrativo de San Caetano un convenio de colaboración entre ambas entidades.

Este convenio nominativo, que achegará á Federación catrocentos corenta e seis mil oitocentos trinta e oito euros (446.838 €),  ten por obxectivo contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social do mantemento de Down Galicia e das actividades que comportan os servizos que a entidade ten previsto desenvolver durante o ano 2017.

Con esta sinatura promóvense os programas orientados a favorecer a autonomía e a inclusión socio laboral das persoas coa síndrome de Down. Estes programas están englobados dentro do Servizo para a Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP) que Down Galicia e as súas entidades membro levan a cabo. Este servizo está organizado en diferentes áreas de atención, que comprenden todo o ciclo vital das persoas usuarias: atención temperá, educación, formación e emprego, vida adulta e independente e apoio familiar, entre outras.

Down Galicia, na súa de condición de Federación, presta servizos de apoio ás entidades membros que traballan na atención ás persoas coa síndrome de Down e ás súas familias dende unha perspectiva global, integral e normalizadora, para mellorar a súa autonomía persoal, as súas condicións de vida e favorecer a inclusión social e laboral deste colectivo na sociedade galega.

Entradas relacionadas
A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
23 Febreiro, 2021
Política Social financia diversos programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
2 Febreiro, 2021
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
28 Xaneiro, 2021
CERMI Galicia e a Xunta colaborarán para poñer fin á discriminación das mulleres con discapacidade
27 Xaneiro, 2021
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade