Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

O Colexio de Avogados de Ferrol amosa a súa confianza no programa de Emprego con Apoio coa contratación de Juanjo

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O Colexio de Avogados de Ferrol amosa a súa confianza no programa de Emprego con Apoio coa contratación de Juanjo

2 Xuño, 2017

» O Colexio de Avogados de Ferrol amosa a súa confianza no programa de Emprego con Apoio coa contratación de Juanjo

Xuño será un mes marcado no calendario de Juanjo Castrillón. E é que no día de onte, este membro de Teima Down Ferrol, iniciou a súa andaina profesional no Colexio de Avogados da cidade ferrolá.

Esta organización, con máis de 65 anos de historia, amosa así a súa confianza no programa de Emprego con Apoio que as entidades Down en Galicia levan a cabo desde o ano 2002 e desenvolve unha importante labor social apostando pola inclusión sociolaboral dunha persoa coa síndrome de Down. Oportunidades coma esta contribúen de xeito moi positivo á mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, xa que constitúe unha forma moi eficaz de sentir que se forma parte da sociedade na que se vive.

Juanjo vén de asinar un contrato, a media xornada e dun ano de duración, polo que desempeñará tarefas de ordenanza nas instalacións que o Colexio de Avogados ten no Palacio de Xustiza de Ferrol. Alí, custodiará as togas que os letrados empregan nos xuízos, sendo o encargado do control de saídas e entradas das mesmas mediante comprobación do Documento Nacional de Identidade.

Este xa é o cuarto emprego de Juanjo, que anteriormente tamén traballou de ordenanza, de persoal de limpeza e de recepcionista.

Estas e outras oportunidades laborais foron posibles grazas ao programa de Emprego con Apoio que en Galicia levan a cabo todas as entidades Down desde hai case 15 anos. O programa, que mantén bos resultados de inserción a pesar da crise, está orientado a facilitar que as persoas con discapacidade intelectual atopen emprego en empresas ordinarias. Para que estas insercións sexan efectivas cóntase coa figura de un preparador o preparadora laboral (profesional que se encarga de ensinar á persoa con discapacidade no posto de traballo), e que non supón custe algún para a empresa. Este tipo de apoio no posto é gradual e vaise retirando ata desaparecer por completo a medida que a persoa con discapacidade vai adquirindo autonomía nas tarefas propias do seu posto.

A participación e cada vez maior presenza das persoas con discapacidade intelectual nas empresas ordinarias contribúe de forma eficaz a desterrar os tópicos que tradicionalmente se lles atribúen, resultando un modo sumamente eficaz de inclusión social. Contribúe, así mesmo, a propiciar un cambio de visión, de persoa con discapacidade a traballador ou traballadora, constatándose unha importante implicación dos compañeiros e compañeiras de traballo na aceptación da diversidade.

Entradas relacionadas

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
‘O Quiosco de Down Experience’ participa na ‘EA! Gastrosocial Experience’
6 Xuño, 2022
AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña
12 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}