DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

O Grupo de Teatro Down Compostela presenta o sábado no Salón Teatro a súa particular visión da lenda do Rei Artur

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» O Grupo de Teatro Down Compostela presenta o sábado no Salón Teatro a súa particular visión da lenda do Rei Artur

Que terá o rei Artur que tanto nos atrae? Cada certo tempo estréase ou publícase algo relacionado co monarca inglés que pretende dar unha visión definitiva sobre o personaxe e os acontecementos que lle rodean. O Grupo de Teatro Down Compostela quedouse cativado pola lenda e o vindeiro sábado, día 17, estrea no Salón Teatro de Santiago (20.00 horas) a súa novena obra: “Arturo, Arthur, Artur”.

Con esta representación “non pretendemos lanzar teoría algunha sobre o mito do rei Arturo, e todo o que lle rodeaba”, indica o director, Lucas Herrador. “Simplemente queremos mostrar nosa particular visión da historia, nun ton xocoso”, engade.

Unha vintena de actores e actrices coa síndrome de Down e discapacidade intelectual volverán a subirse ao escenario do Salón Teatro, cedido por Agadic (Axencia Galega de Industrias Culturais), para mostrar os seus dotes interpretativos. A entrada será gratuíta, previa retirada da correspondente entrada a partir das 18.00 horas no despacho de billetes.

Na presentación deste novo proxecto co Grupo de Teatro Down Compostela, Lucas Herrador pídenos que imaxinemos “un país no que o seu máximo dirixente é unha persoa honrada ata o extremo, que se rodea dun equipo de goberno onde todos mandan por igual, unha mesa redonda na que importa pouco o ben que te leves co xefe, só interesan os coñecementos e a honestidade para ocupar o cargo. Non nos iriamos de inmediato a ese país para ser dirixidos por tal gobernante e ter paz, seguridade, liberdade e futuro?”.

Ademais de aos actores e actrices, Herrador quere destacar o papel dalgunhas das profesionais e voluntarias de Down Compostela que colaboran co grupo.

Down Compostela tamén contou este ano coa colaboración do pintor Rafael Romero  Masiá, quen deseñou o cartel da obra.

“Arturo, Arthur, Artur”, é a novena obra que representa o Grupo de Teatro Down Compostela, despois da posta en escena de “Búscame a ese tipo” (Salón Teatro, 2016), “Solo ante la Peligros” (Salón Teatro, 2015), “Las pruebas de Hércules” (Salón Teatro e Casa de Cultura de Milladoiro, 2014), “Bodas de Sangre” (Salón Teatro e Casa de Cultura de Milladoiro, 2013), “Fuenteovejuna” (Salón Teatro, 2012), “Romeo y Julieta” (Sala Nasa, 2011), “Esopo y sus fábulas” (Sala Nasa, 2010) e “Alicia en el país de las maravillas” (Auditorio de Galicia, 2009).

Os asistentes á gala de entrega dos Premios Down Compostela, o pasado 21 de marzo no Hostal dos Reis Católicos, xa puideron gozar en primicia dun adianto da obra.

O despacho de billetes do Salón Teatro abrirá o día da función ás 18.00 horas para que todos aqueles que desexen ver a obra poidan gozar dun espectáculo no que os mozos e mozas de Down Compostela levan meses traballando.

 

REPARTO (Por orde de intervención)

Paula Fernández …………………………………….. MERLÍN

Elena Zas……………………………………………….. DAMA DO LAGO

Kevin Suárez…………………………………………… TÁMESIS

Yone Zas………………………………………………… ROCA SAGRADA

David Burés…………………………………………….. ARTUR

Marta Hermida………………………………………… MORGANA

Óscar Carril…………………………………………….. CHELSEA

Álvaro Díez……………………………………………… LIVERPOOL

Daniel Martínez……………………………………….. ARSENAL

Iván Allende……………………………………………. WEST HAM

Elías Ledo………………………………………………. TOTTENHAM

Carmiña Romero……………………………………… NERA

Jesús Rey………………………………………………. EVERTON

Raquel Suárez………………………………………… SUNDERLAND

Jacobo Dopazo……………………………………….. LANCELOT

Marta López……………………………………………. GINEBRA

Daniel Pombo………………………………………….. PERCIBAL

Daniel López…………………………………………… MORDRER

 

EQUIPO TÉCNICO

Cartel…………………………………………….. Rafael Romero Masiá

Maquillaxe………………………………………. Equipo Down Compostela

Perruquería…………………………………….. Olalla Buján e Rebeca Esmorís

Vestiario…………………………………………. Josefa Cacharrón e Blanca Villar

Música…………………………………………… Samuel Quelle.

Decorado……………………………………….. Rebeca Esmorís, Jessica Rivas e Ana Pais

Voz e dicción………………………………….. María Gª Quintas

Produción……………………………………….. Blanca Villar

 

GUIÓN E DIRECCIÓN

Lucas Herrador

Entradas relacionadas
Down Lugo adapta as súas xornadas de ocio organizando quedadas online
10 Febreiro, 2021
O Presidente da Deputación de A Coruña visita a sede de Down Compostela para coñecer as principais demandas da Fundación
13 Outubro, 2020
Carlota e Down Compostela poñen o broche de ouro á primeira tempada de ‘Hasta la vista’
8 Outubro, 2020
O Concello de Santiago financia o programa ‘Isto é vida’ de Down Compostela
11 Setembro, 2020
Aberto o prazo para a solicitude de prazas nos campamentos xuvenís de verán da Xunta de Galicia
15 Xuño, 2020
Celebrada una nueva edición del Campeonato de Baristas Down de Galicia
9 Marzo, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
  • Down España publica a nova guía afectivo-sexual das persoas coa síndrome de Down
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade