downgalicia@downgalicia.org981581167
FacebookInstagramTwitterYouTubeFlickr
Down Galicia
Down Galicia
Síndrome de Down e inclusión
  • Galego
    • Español
    • English
 
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Down Galicia solicita á Fegamp máis oportunidades laborais para as persoas con discapacidade intelectual

  • Traballamos

  • Medramos

  • Aprendemos

Down Galicia solicita á Fegamp máis oportunidades laborais para as persoas con discapacidade intelectual

16 Xuño, 2017

» Down Galicia solicita á Fegamp máis oportunidades laborais para as persoas con discapacidade intelectual

O acceso a un posto de traballo é un dereito universalmente recoñecido. O seu desempeño inflúe directamente no modo en que unha persoa percibe aos demais e se percibe a si mesma. Tamén inflúe no modo en que esa persoa é percibida e valorada pola sociedade e, por suposto, no grao de liberdade de que a persoa dispón no aspecto económico e social. Deste xeito, a actividade laboral, como fin dunha traxectoria formativa, converteuse nunha das principais canles de inserción social das persoas con discapacidade intelectual.

É importante destacar que o acceso das persoas con discapacidade intelectual ao emprego ordinario non é unicamente unha cuestión relacionada coa empresa privada. De feito, o Estado é o maior empregador na sociedade actual e, polo tanto, o acceso ao emprego público debe estar fundamentado sobre os principios de igualdade de oportunidades e non discriminación.

Por este motivo, representantes da Federación Down Galicia reuníronse o pasado mércores con Alfredo García Rodríguez, Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, co obxecto de tratar distintas cuestións de interese relativas á formación e ao emprego público.

Entre outros temas, os participantes na reunión debateron sobre as posibles vías de contratación que as administracións locais e provinciais poden levar a cabo para incluír no mercado de traballo ás persoas con discapacidade intelectual. Destaca de entre estas propostas a necesidade de creación de convocatorias independentes de emprego público para os integrantes deste colectivo.

Desde Down Galicia queremos agradecer a boa predisposición da Fegamp para abordar estes e outros temas de interese para a Federación e as súas entidades membro.

Entradas relacionadas
AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña
12 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022
CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
Un mozo de Down Vigo comeza a traballar en Rodavigo como operario de almacén
26 Abril, 2022
O CEESG súmase a Down Galicia na procura dun envellecemento activo e saudable para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
25 Abril, 2022
Máis novas
Multimedia
Publicaciones
Revista down
Búsqueda de empleo
Envellecimiento Activo
Colaboradores
Identidade Corporativa
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
    
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto





Calidad AenorCalidad Aenor
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}