DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Solidariedade e deporte na iniciativa ‘Solidarios non stop’ de BBVA

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Solidariedade e deporte na iniciativa ‘Solidarios non stop’ de BBVA

Ao longo desta fin de semana e desde o pasado venres, máis de 140 empregados e amigos de BBVA realizaron o Camiño Francés en bicicleta. O diñeiro recadado coas achegas por participar nesta actividade será destinado de maneira íntegra a apoiar o labor de catro asociacións sen ánimo de lucro: ASDEGAL, Federación Síndrome de Down  Castela e León, Down Galicia e Fundación Lukas.

Empregados de BBVA, co apoio de BBVA Asset Management e a colaboración da Oficina de Voluntarios da entidade, uníronse para organizar ‘Solidarios non stop’ e completar por etapas o Camiño de Santiago en bicicleta por unha boa causa. O propósito desta iniciativa foi recadar fondos para fins solidarios: os 4.000 euros de beneficio destinaranse a apoiar diferentes proxectos de ASDEGAL, Federación de Síndrome de Down Castilla y León, Down Galicia e Fundación Lukas.

Tras a súa saída o pasado venres desde Roncesvalles e dous días de intenso pedaleo, os integrantes desta peculiar caravana foron escoltados pola Policía Local de Santiago de Compostela na súa chegada á Praza do Obradoiro. Este lugar emblemático foi o escenario do resultado desta fazaña. Luís Escámez e Javier Arias en representación do Territorial Noroeste de BBVA; e Pablo Palacio, en representación de BBVA Asset Management, foron os encargados de entregar os cheques ás catro asociacións por un importe total de 4.000 euros.

Javier Arias, empregado de BBVA e un dos promotores desta iniciativa, destacou que están “moi satisfeitos de estar hoxe aquí, e conseguir apoiar a estas catro asociacións facendo o deporte que nos gusta e únenos a todos”. “Como empregado de BBVA sinto especialmente orgulloso de pertencer a unha entidade que continuamente está a crear oportunidades nas sociedades onde está presente,  esta iniciativa é unha mostra diso”, destacou.

Sobre ‘Solidarios non stop’

Para organizar esta iniciativa os empregados de BBVA contaron co apoio de BBVA Asset, unidade do Grupo BBVA que engloba as xestoras de fondos de investimento e pensións. O camiño estivo dividido en 30 etapas e completouse por relevos. Os equipos participantes levaron como testemuña un bidón ciclista que se foi pasando ata completar o traxecto.

O propósito desta iniciativa foi contribuír coa Fundación Lukas na compra de bicicletas adaptadas para persoas con discapacidade severa; con ASDEGAL, na compra de tablets para apoiar no estudo a nenos e nenas en situación de desamparo social; coa Federación Down Castilla y León, na organización do encontro vacacional de verán para os asociados; e con Down Galicia, nun proxecto de atención temperá para nenos e nenas.

Entradas relacionadas
A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
23 Febreiro, 2021
Política Social financia diversos programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
2 Febreiro, 2021
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
28 Xaneiro, 2021
CERMI Galicia e a Xunta colaborarán para poñer fin á discriminación das mulleres con discapacidade
27 Xaneiro, 2021
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
  • Down España publica a nova guía afectivo-sexual das persoas coa síndrome de Down
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade