Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Xuntos e Fundación Vodafone presentan un ambicioso proxecto para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Xuntos e Fundación Vodafone presentan un ambicioso proxecto para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

26 Xullo, 2017

» Xuntos e Fundación Vodafone presentan un ambicioso proxecto para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

O pasado xoves, Down Pontevedra Xuntos e Fundación Vodafone España presentaron no Pazo de Mugartegui ‘Enreda2’, unha iniciativa cuxo obxectivo é poñer en contacto a empresarios e empresarias da zona e a mozos e mozas coa síndrome de Down co obxectivo de que dialoguen e intercambien opinións sobre os beneficios que ten a inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual, tanto para este colectivo como para o ámbito empresarial.

Esta acción de networking, que xorde a partir do programa de formación prelaboral ‘Yo me prep@ro’ impulsado por ambas as entidades, permitiu que os empresarios e empresarias poidan coñecer de preto a persoas con esta discapacidade intelectual candidatas a incorporarse como traballadores e traballadoras nas súas empresas. A interacción entre empregadores e posibles empregados serviu para que o sector empresarial derrube prexuízos e falsos estereotipos que historicamente se relacionaron coa síndrome de Down.

E é que, a pesar de contar coa formación adecuada e ser persoas constantes, metódicas e organizadas, tan só o 5% das persoas coa síndrome de Down puido demostrar a súa valía; por iso é indispensable contar co apoio e a colaboración do tecido empresarial. Así, grazas a ‘Enreda2’, e mediante a conversación e a formulación de diversos xogos, os empresarios e empresarias puideron coñecer de primeira man as cualidades que estes mozos atesouran, ademais de apreciar os seus valores e as capacidades para o traballo que posúen.

Para presentar esta iniciativa estiveron presentes a Deputada de Cohesión social e Xuventude, Digna Rosa Rivas Gómez; a técnica de Benestar Social e Deportes, Patricia González; o responsable de Administracións Públicas de Vodafone España en Pontevedra, Severino Castromán; e o presidente de Down Pontevedra Xuntos, Manuel Pérez Cabo.

Manuel Pérez Cabo afirmou que, para lograr a inclusión laboral do colectivo “é necesaria a confluencia dunha serie de factores imprescindibles: a implicación das diferentes administracións e a de diversas iniciativas privadas, como en este caso Fundación Vodafone España”.

Opinión que compartiu Digna Rivas, para quen “é importante que tanto a empresa privada como as institucións públicas poidamos traballar en conxunto por inserción laboral”.

Pola súa banda, Severino Castromán comentou que “cremos que a tecnoloxía é un facilitador para a inserción laboral que vai  xerar oportunidades para todos os colectivos e empresas”.

Patricia González destacou que “Down Pontevedra aposta pola formación en novas tecnoloxías co fin de posibilitar que as persoas con discapacidade desempeñen postos de traballo nos que hai anos estaban practicamente excluídos”.

Por parte do tecido empresarial interveu María Pierres, co-xestora do Coworking Espazo Arroelo, que relatou a súa experiencia no programa: “Cecilia non é unha traballadora máis, é a imaxe da nosa empresa”, dixo en alusión á súa empregada.

 

O programa ‘Yo me prep@ro’

O obxectivo do proxecto ‘Yo me prep@ro’ é proporcionar ás persoas con discapacidade intelectual as ferramentas e estratexias necesarias en aspectos crave como o uso adecuado das TIC: programas informáticos, navegación por Internet, acceso a redes bancarias informatizadas ou aplicacións móbiles. Todo co obxectivo de axudarlles a salvar a fenda dixital que lles condiciona enormemente á hora de atopar un posto de traballo, o que supón unha seria traba ás súas aspiracións de mellorar a súa autonomía e levar unha vida o máis plena e independente posible.

Este ano, están a recibir na provincia de Pontevedra esta formación prelaboral en Novas Tecnoloxías 8 persoas usuarias de Down Pontevedra Xuntos, que adquiren as competencias necesarias para poder desempeñar un posto de traballo coa normalidade e eficacia de calquera empregado ou empregada.

Este alumnado de Pontevedra sumarase a outro en diversas provincias, alcanzando un total de 240 mozos e mozas que recibirán esta formación en toda España. En total serán 10.500 horas formativas apoiadas en sete novos vídeo-titoriais que, cunha linguaxe sinxela e accesible, detallarán os pasos e instrucións para que os alumnos e alumnas coñezan a fondo o uso da Internet, xestionar o correo electrónico ou manexar redes sociais como LinkedIn, entre outras habilidades.

Tras o éxito de anteriores edicións, o proxecto afronta este ano a súa terceira edición a nivel nacional con renovado impulso, pois superou as expectativas tanto no número de prácticas conseguidas como na cifra de contratacións alcanzadas. Desde a súa posta en marcha en 2014, e a pesar das complicadas condicións do mercado de traballo, este programa conseguiu 222 contratos para mozos e mozas con síndrome de Down.

Como complemento a esta edición, os 480 mozos que participaron nas dúas edicións anteriores do proxecto recibiron un curso de refresco dos seus coñecementos para que actualicen as destrezas adquiridas en novas tecnoloxías aplicadas á vida laboral.

 

Convenio marco

A realización deste proxecto enmárcase dentro do Convenio Marco subscrito o 8 de novembro de 2013 entre Fundación Vodafone España, Plena Inclusión e Down España para a realización de actividades conxuntas en materia de accesibilidade e inserción laboral que redunden en mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade intelectual.

Este convenio busca fomentar a innovación tecnolóxica aplicada á accesibilidade e fai especial fincapé naquelas iniciativas que contribúan á participación das persoas con discapacidade intelectual no ámbito laboral a través de proxectos piloto de innovación e sesións formativas e de divulgación.

Entradas relacionadas

Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Teima e a Deputación da Coruña asinan un convenio de colaboración para apoiar economicamente o Servizo de Formación Sociolaboral e Emprego da entidade
30 Agosto, 2023
Magníficos resultados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de Competencias Clave
26 Xullo, 2023
Mozos e mozas de Down Ourense traballan como azafatos e azafatas no evento polo 50 aniversario de Galfor
28 Xuño, 2023
Down Vigo e Vithas colaboran para fomentar a inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual
21 Xuño, 2023
Cafés Candelas contrata de xeito indefinido a un mozo de Lugo con discapacidade intelectual
31 Maio, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}