Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia, Fademga e a Consellería de Sanidade premiadas nos III Premios Redacción Médica á Sanidade de Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia, Fademga e a Consellería de Sanidade premiadas nos III Premios Redacción Médica á Sanidade de Galicia

29 Setembro, 2017

» Down Galicia, Fademga e a Consellería de Sanidade premiadas nos III Premios Redacción Médica á Sanidade de Galicia

A colaboración entre Down Galicia, Fademga Plena Inclusión Galicia e a Consellería de Sanidade recibiu este xoves un dos galardóns na categoría de “Acción en Responsabilidade Social Sociosanitaria” dos III Premios Redacción Médica á Sanidade de Galicia. Estes galardóns teñen como obxectivo recoñecer as iniciativas de interese, as boas prácticas e as traxectorias destacadas do sector na nosa comunidade autónoma.

Os convenios premiados, que foron asinados o pasado ano, teñen como obxecto a colaboración para levar a cabo actividades que teñan por finalidade facilitar a adaptación e o desenvolvemento das funcións nos postos de traballo de persoas con discapacidade intelectual que pasen a prestar servizos no Servizo Galego de Saúde, ben como persoal estatutario fixo ou persoal temporal.

Estes documentos son o punto de partida para este proceso de inserción e adaptación efectiva ao posto de traballo de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual no SERGAS. Para iso, impartiranse cursos de formación específicos previos ao comezo da prestación de servizos na Administración, un seguimento do desempeño da actividade laboral e realizaranse obradoiros prácticos de intercambios de experiencias dirixidos ao persoal que realiza funcións de referencia na súa contorna de traballo.

Este galardón foi recollido pola Directora de Recursos Humanos do SERGAS, Margarita Vaamonde, o secretario de FADEMGA Plena Inclusión Galicia, Marcelo da Cruz, e polo secretario da Federación Down Galicia, Elías Ledo. Todos eles agradeceron este recoñecemento e salientaron o traballo levado a cabo para sacar adiante un proxecto coma este. Ledo, pola súa parte, destacou a “importancia de seguir traballando xuntos, ao carón do resto de entidades, para seguir mellorando a atención e calidade da nosa Sanidade”.

Xurado dos III Premios Redacción Médica á Sanidade de Galicia

A entrega destes premios, outorgados por Sanitaria 2000 (empresa editora do diario Redacción Médica) tivo lugar no Hotel Oca Porta do Camiño de Santiago de Compostela e nela participaron profesionais do sector sanitario galego.

Un prestixioso xurado, composto por personalidades do sector sanitario, foi o encargado do fallo desta terceira edición. Conformaron este xurado, por orde alfabética: Jesús Aguilar, presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos; Fernando Carballo, presidente da Federación de Asociacións Científico-Médicas Españolas (Facme); Miguel Carrero, presidente de Previsión Sanitaria Nacional (PSN); Ricardo De Lorenzo, avogado e presidente da Asociación Española de Dereito Sanitario; Joaquín Estévez, presidente da Sociedade Española de Directivos da Saúde (Sedisa), así como Pilar Garrido, presidenta do Consello Nacional de Especialidades en Ciencias da Saúde.

Completan o xurado -seguindo a orde alfabética- Máximo González Xurado, presidente do Consello Xeral de Enfermería; María Luz López-Carrasco, presidenta da Federación Española de Empresas de Tecnoloxía Sanitaria (Fenin); Francisco Miralles, secretario xeral da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM), Manuel Vilches, director xeral do Instituto para o Desenvolvemento e Integración da Sanidade (IDIS), e Antonio Zapatero, presidente da Sociedade Española de Medicina Interna (SEMI).

Entradas relacionadas

Down Galicia lanza unha actualización da súa guía con normas e recomendacións sobre lectura fácil
27 Setembro, 2023
Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Teima e a Deputación da Coruña asinan un convenio de colaboración para apoiar economicamente o Servizo de Formación Sociolaboral e Emprego da entidade
30 Agosto, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Magníficos resultados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de Competencias Clave
26 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}