DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Fotografías de persoas usuarias de Down Lugo protagonizan unha mostra na Capela de Santa María

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Fotografías de persoas usuarias de Down Lugo protagonizan unha mostra na Capela de Santa María

O pasado martes 3 de outubro inaugurábase en Lugo a mostra fotográfica “Enfocando Historias”. A capela do Fogar de Santa María acollerá ata o 29 de outubro esta exposición gratuíta, que recolle 36 fotografías realizadas por 17 persoas usuarias de Down Lugo dirixidas pola fotógrafa Aleksandra Dmitrieva, voluntaria desde hai dous anos na Asociación e encargada de impartir o taller de fotografía. Nestas sesións participaron tamén doce voluntarios da Asociación Sénior de Telefónica de Lugo (ASTELU) e de Down da provincia de Lugo.

Os artistas crearon catro historias que posteriormente plasmaron en fotos. Así, cada narración cóntase nun máximo de 10 instantáneas, todas elas ambientadas na praia de Peñarronda. O traballo, que se enmarca nas actividades da Fundación Telefónica de Madrid, comezou a finais do mes de maio.

Ao acto de inauguración asistiron a Deputada de Cultura, Pilar García Porto; a Concelleira de Benestar, Ana González Abelleira; o Delegado Territorial da Xunta, José Manuel Balseiro; e a Presidenta de Down Lugo, María José Blanco.

García Porto destacou na súa intervención que “con esta mostra, dende o Executivo Provincial queremos trasladar e incidir na nosa mensaxe de que todos as persoas temos capacidades diferentes. Algunhas delas extraordinarias, que son as que fan posible a elaboración de proxectos artísticos como o que hoxe nos enorgullece traer a esta sala exposicións”.

Ainara Garea, educadora e responsable de Lecer na Vida Adulta en Down Lugo, recalcou a importancia destas actividades, para mostrar “que os mozos teñen intereses comúns a todo o mundo, e con isto teñen a oportunidade de ter actividades adaptadas e que poden compartir con outros”. Ademais, afirmou que a fotografía “é un ámbito que lles interesa moito”.

O horario da mostra é de luns a venres de 10:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas; sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.

Entradas relacionadas
Down Lugo adapta as súas xornadas de ocio organizando quedadas online
10 Febreiro, 2021
A conselleira de Política Social visita as novas instalacións de Down Lugo
14 Decembro, 2020
Down Lugo pon á venda máscaras para loitar contra a pandemia da COVID-19
13 Novembro, 2020
Un novo emprego para loitar en primeira liña contra a pandemia
5 Novembro, 2020
Carlota e Down Compostela poñen o broche de ouro á primeira tempada de ‘Hasta la vista’
8 Outubro, 2020
Aberto o prazo para a solicitude de prazas nos campamentos xuvenís de verán da Xunta de Galicia
15 Xuño, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade