DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

A Consellería de Política Social colabora na inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» A Consellería de Política Social colabora na inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, afianza o seu compromiso coa inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na nosa comunidade autónoma cunha achega de 1.656,13€ ó proxecto “Voluntariado e adestramento en habilidades complementarias ó posto de traballo para persoas coa síndrome de Down” da Federación Down Galicia.

Este proxecto é unha iniciativa común de Down Galicia e dos seus centros de traballo. Deste xeito, a execución das actividades foi levada a cabo polos centros das cidades de Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo e a coordinación no desenvolvemento das mesmas correu a cargo da Federación e os 5 voluntarios participantes no proxecto. Cada centro de traballo contou con 1 persoa voluntaria, agás o centro de Vigo que dispuxo de 3 persoas.

Un total de 121 persoas usuarias, participantes todas elas no programa de Emprego con Apoio de Down Galicia, puidéronse beneficiar das actividades realizadas durante este proxecto. Aínda que con todos eles os voluntarios e voluntarias traballaron de forma puntual, o traballo diario e intensivo do equipo de voluntarios centrouse na atención de 38 destes 121 destinatarios (11 en Santiago, 17 en Pontevedra e 10 en Vigo).

O principal obxectivo desta iniciativa é dispoñer dun equipo de voluntariado en rede eficaz e eficiente que contribúa ao adestramento en habilidades complementarias ó posto de traballo para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual de Galicia, contribuíndo a garantir o éxito da inclusión laboral da persoa usuaria.

Algunhas das actividades levadas a cabo por este equipo de persoas voluntarias foron o deseño do plan de adestramento de habilidades complementarias ó posto de traballo, o adestramento nestas habilidades, a intervención con familias e a avaliación de cada plan individual.

Entradas relacionadas
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
Fundación Solidaridad Carrefour doa 10 tabletas a Down Galicia para mellorar as competencias dixitais das súas persoas usuarias
29 Decembro, 2020
Distribuciones Froiz confía de novo no programa de Emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
23 Decembro, 2020
“Ter síndrome de Down non me impediu conseguir as miñas metas”
22 Decembro, 2020
Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra
19 Decembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
  • Down Ourense revalida o Sello ONG Acreditada outorgado pola Fundación Lealtad
  • Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade