DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

O Concello de Narón asina un novo convenio de colaboración con Teima Down Ferrol

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» O Concello de Narón asina un novo convenio de colaboración con Teima Down Ferrol

A alcaldesa do Concello de Narón, Marián Ferreiro Díaz, e a presidenta de Teima Down Ferrol, Patricia Serantes, asinaron no día de onte un novo convenio de colaboración entre ambas entidades.

Nesta ocasión, a achega de 10.000€ irá destinada ao desenvolvemento do Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP) que Teima leva a cabo desde hai máis de 20 anos.

Así, este convenio permitirá desenvolver os seguintes programas e actividades:

  • Atención Temperá, apoio escolar, atención educativa e orientación psicopedagóxica.
  • Organización de actividades complementarias que poidan contribuír na mellora da saúde, desenvolvemento intelectual e interacción na vida social e laboral das persoas coa síndrome de Down.
  • Seguimento da evolución das persoas con discapacidade e o apoio psicolóxico e orientación ás familias das persoas coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual.
  • Comunicación coas familias, ou coa sociedade en xeral, para unha incorporación social efectiva.
  • Mantemento do material, local social e aula de medios audiovisuais.
  • Organización e celebración de xornadas de estudo e divulgativas que faciliten a información e formación dirixidas a profesionais e á sociedade en xeral.
  • Colaboración co Servizo Sociocomunitario Municipal en actividades de atención, orientación e incorporación social das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual.
  • Fomentar a promoción da muller coa síndrome de Down e tódolos ámbitos, así como aquelas políticas de discriminación positiva para promover a inclusión social de mulleres e homes coa síndrome de Down e discapacidade intelectual.

A alcaldesa de Narón agradeceu o “necesario traballo” que se realiza desde as entidades coas que se asinaron os convenios e destacou “o labor que (as entidades) realizan nas súas respectivas áreas, fundamental para contribuír ao benestar da cidadanía”.

No acto de sinatura, no que participaron outras 23 asociacións da comarca que traballan pola promoción social e educativa e pola participación cidadá, tamén estiveron presentes as concelleiras de Acción Social e Promoción Social, Catalina García e Teresa Sabio, e o edil de Medio Ambiente, Octavio Dopico.

 

FOTOGRAFÍA: Concello de Narón

Entradas relacionadas
Un grupo de mozos e mozas de Teima gañan o Desafío Poético da Deputación da Coruña
3 Decembro, 2020
Carmen Brage, usuaria de Teima Down Ferrol, asina o seu contrato como celadora do Sergas
18 Setembro, 2020
Teima e Xuntos asinan senllos convenios de colaboración coas administracións locais
2 Setembro, 2020
Teima Down Ferrol recibe unha das insignias de ouro outorgadas polo Concello ferrolán
15 Xaneiro, 2020
Ferrolterra implícase con Teima Down Ferrol no seu gran festival de 25 aniversario
28 Xuño, 2019
Doce persoas usuarias de entidades Down de Galicia realizarán prácticas en dependencias da Xunta este 2019
1 Abril, 2019
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down Vigo expón na sede da Deputación de Pontevedra os tapices da colección “El viaje de mi vida”
  • Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar
  • Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade